jueves, 28 de junio de 2007

Últimas novas da SD

César Oláiz foi intervido cirúrxicamente, como todos sabedes, e permanecerá de baixa sobre uns dous meses, polo que se perderá a pretempada e, previsiblemente, os primeiros partidos de liga. Calquera novidade ao respecto será presentada neste site.
Hoxe á noite terá lugar por parte do Exmo. Concello de Negreira unha homenaxe ao club polo seu magnífico labor ao longo da presente tempada.
Por último, hoxe tamén terá lugar unha xuntanza da Directiva da SD para perfila-la reunión de mañá, venres, que terá o rango de Asemblea Xeral Extraordinaria, cuxa punta de lanza está na elección dun novo Presidente e a súa correspondente Xunta Directiva, xa que o actual Presidente, D. Manuel Liñares Giraut, non se presenta como candidato

Profundamente agradecidos...

Queremos dárlle-las grazas a tódolos colabores coa SD, especialmente ao espónsor oficial, Construccións Hermanos Mallón, pola súa confianza depositada en nós para a súa inversión publicitaria.
Sen todos eles, este soño do pobo de Negreira sería totalmente imposible.

Sobre a enquisa da Fase de Ascenso

82 persoas participastes en 26 días (do 29 de maio ao 24 de xuño) na enquisa Fase de Ascenso: que fará o Negreira?
Queremos agradecérvo-la vosa participación e confianza: só unha persoa apostou por que o Negreira non pasase contra a SD Amorebieta. O 44% apostou por que non dabamos pasado do Conquense (como así foi), pero o 55% (a maioría absoluta) apostastes por que se conseguira o ascenso.
Unha vez más, aínda que para nós a afección sodes o "12", esta é unha afección "10".
Aúpa Negreira!!

Sobre a Historia da SD Negreira


HISTORIA DA S.D. NEGREIRA I

A pesar de que a Vila de Negreira é un pobo de interior sempre estivo máis vencellado á zona da costa que á zona de Santiago. En Negreira non se practicou fútbol de xeito oficial ata os anos 60, aínda que se comenzou a xogar anos atrás, sendo o Pirelli o equipo máis recordado polos vellos siareiros do noso pobo. O Pirelli considérase a orixe da S.D. Negreira, que é fundada no ano 1963, sendo o fundador e primeiro Presidente D. José López Fuentes e Vicepresidente D. Roque Tuñas Pensado. Nesa temporada 63/64, non pode xogar a primeira Liga da Costa por falta de tempo para os trámites federativos, pero si xogou ese ano a Copa da Costa. O súa estrea foi o día 23 de Agosto de 1964 ante o San Isidro de Quintáns (Muxía). Pasou aquela eliminatoria, pero quedou fora na semifinal contra o Finisterre. Entre outros xogadores figuraban nomes como Tuñas, Forján, López, Freire, Maximino, Pombo, Arana, etc.

Na tempada seguinte, 64/65 a S.D. Negreira participa na sua primeira Liga da Costa sendo o seu Presidente D. Roque Tuñas Pensado. Na temporada 65/66 participa tamén na Liga da Costa quedando no posto 8º dunha participación de 11 equipos. Na Copa queda eliminado co Muxía. Na temporada 66/67 queda subcampeón da Liga por detrás do Soneira, sendo este ano, tamén, subcampeón da Copa, ó perder a final contra o Xallas de Santa Comba. O plantel estaba composto, entre outros por Tuñas, Elias, Forján, Enjo, Arceo, Tomé, Calo, Leandro, Vilas, etc.

O primeiro éxito da S.D. Negreira chega na tempada 67/68, cando se proclama campeón de Liga da Costa e ascende a Rexional. Sendo o Presidente D. Julio González Ferreiro participa na Serie-A Rexional (temporadas 68/69 ). Nesta categoría participan equipos como SILVA, VULCANO, TURISTA (Vigo), PORRIÑO INDUSTRIAL, CALVO SOTELO, ARENTEIRO (Carballiño), ORDES, MARIN, ESTRADENSE, ARCADE, AROSA, CHOCO (Redondela), RIBADAVIA AT., LEMOS, MILAGROSA (Lugo), etc. Despois destas dúas temporadas, pasa unha sen xogar voltando así á Liga da Costa. Curiosamente esa tempada que o Negreira non participa, Galicia conta con tres equipos na 1ª División (DEPORTIVO, CELTA e PONTEVEDRA) e dous na 2ª División (OURENSE e FERROL).

Na tempada 70/71, baixo a presidencia de D. José Severino Montes Pérez, retorna á Liga da Costa quedando 8º nunha competición onde participan 12 equipos. Na 71/72 amosou, unha vez máis, a sua boa saúde; queda campión da liga, sendo subcampeón o Noia. Nesta liga xogan 11 equipos, acadando 28 puntos, gañou 14 partidos e perdeu 4, obtén 51 goles a favor e 30 en contra. Na copa elimina en semifinais ó Carballo e perde na final co Ponteceso. Xoga a fase de ascenso á Serie-A Rexional, perdendo o primeiro partido contra o CENLLE por 17-0 e gañando o partido de volta a S.D. Negreira por 5-2. É de destacar que a alineación presentada en Cenlle era de circunstancias, xa que non interesaba o ascenso. O adestrador era José Mari e formaba parte do plantel Castro.

Na tempada 72/73 é Presidente D. José Severino Montes Pérez queda 3º na Liga da Costa trás o Noia e o Cee. O 10 de Setembro de 1972 é campeón do III TROFEO CATALINO. Nas temporadas 73/74 e 74/75 é subcampión da Liga da Costa sendo campeón en ámbalas duas o Noia. O conxunto nicrariense tivo unha gran época nos anos setenta, con D. Antonio Hombre Agüera como Presidente e como adestrador Benito Padrón. Nesa tempada o plantel estaba formada polos porteiros ROCHA, ANTONIO e JAVIER; os defensas ELIAS, ITO, JUAN, PEPE, EMILIO, MACIAS e LUCHO; os centrocampistas SERVANDO, FERNANDO VÁZQUEZ (adestrador da SD Compostela, Rayo Vallecano, R.C. Celta de Vigo,...), CHILO, MAXIMINO, CHITO, MOISES, J. RAMÓN e os dianteiros PASCUAL, LEANDRO, SUÁREZ, CROS, MONCHO, BRENLLA, IGLESIAS e PABLO. Nesta última tempada xoga no Estadio de Riazor a final do TROFEO CONDE DE FENOSA perdendo co MIÑO por 1-0. Na tempada 75/76 queda 9º na Liga da Costa dunha participación de 15 equipos. No 76/77 é Presidente D. Celestino M. Guzmán Fernández e a S.D. Negreira queda 8º nunha liga de 17 equipos. Neste ano o Fisterra bateu o record de goles, 126 en 32 partidos. O 10 de Xullo de 1977 gaña contra o Fisterra o II TROFEO FEIRACO. Na tempada 77/78 a Liga da Costa divídese en dous grupos quedando o Negreira no 4º posto do Grupo V. Na 78/79 xoga no Grupo A-Sur onde queda 5º. Na última temporada dos setenta (79/80), a S.D. Negreira xoga no grupo III ou Sur onde é 3º. O Presidente volve ser D. Roque Tuñas Pensado e formaban a plantilla, entre outros, CASTIÑEIRAS, ABRUÑEIRAS, PAIS, FELIX, ITO, JUAN MANUEL, JOSE ANTONIO, ANDÚJAR, SALVADOR, HERMINIO, CROS e MANOLO (Gemelo). No equipo xuvenil despuntaba GERARDO, JOSECHU, PACO, ALVITE, RICARDO, MANOLO, OUTÓN, VILLAR, PARCERO, JAVIER, ABEL, MIGUEL ANGEL, XALLAS, VICENTE, MANOLITO, SUÁREZ, etc. O Negreira Xuvenil xogou duas semifinais de Galicia nas tempadas 77/78 e 78/79, quedando eliminado contra o RACING DE FERROL e o CALASANCIO DE MONFORTE respectivamente. O adestrador era Maximino Quinteiro.

Nos anos oitenta cambiaría a sorte para a S.D. Negreira. Na tempada 80/81 queda 3º dunha participación de 16 equipos no Grupo II, por detrás do Lira e do Muros. É eliminado nos cuartos de final polo Camariñas. O Presidente é D. Constantino Guzmán Mesías. Na temporada 81/82 toma a presidencia D. Gumersindo Rodríguez-Trelles (Sindo) e o Negreira, con Rodri de adestrador é campeón do Grupo IV da Liga da Costa, sendo segundo o Atalaia de Porto do Son e terceiro o Xallas; ascendendo os tres equipos a Primeira Rexional. Na copa quedou eliminado en semifinais polo Atalaia. A plantilla do ascenso a formaban entre outros, BERDULLAS, os GEMELOS de Ordoeste, EMILIO, JOSE LUIS, JOSECHU, JUAN MANUEL, RIOS, VICENTE, PERFECTO, MANOLITO, LODEIRO, XALLAS, ABEL, PANCHO (que voltaba da man do presidente Sindo de xogar no Noia), etc. O delegado era Cancio (empleado de FEIRACO, xa que foi a temporada que se fraguou o sponsor). Nesta temporada consíguese o TROFEO á MÁXIMA DEPORTIVIDADE J.B. DA LIGA DA COSTA. Na tempada 82/83 participa na Primeira Rexional quedando 13º da liga. Na temporada 83/84 é Presidente D. Luis Andrade Negreira e acada o 12º posta na Primeira Rexional e xoga as semifinais da copa, quedando eliminado co Baio, nun partido xogado no Campo do Pino en Urdilde, por obras no Campo Municipal de Cepelo de Negreira. Nas anteriores eliminatoria deixou fora ó Soneira, Esteirana e Lira. Nesta edición da copa participaron 40 equipos. A tarxeta de socio custaba 2.500 pts., sendo secretario D. Emilio Lira Díaz e Tesoreiro D. Xoaquín Ramón Caamaño Ramos. Nas tempadas 84/85 e 85/86 segue participando na Primeira Rexional, pero nesta última o Presidente é D Jesús Muiño Pardo. Na temporada seguinte, 86/87, sendo o adestrador Pintos queda campeón da Primeira Rexional Grupo 2-B, e despois de xogar a promoción contra o Airiños do Ulla, ascéndese a Rexional Preferente, na que o equipo pasará a chamarse FEIRACO S.D. NEGREIRA, alcanzando no seu primeiro ano na categoría (temporada 87/88) o 5º posto. O Feiraco Negreira convértese nun clásico da Preferente, na que só falta un ano, "un accidente, din polo pueblo". Foron trece anos na categoría, unha dinámica que rachou na temporada 00/01, pero eso é outra historia...

Na temporada 92/93, sendo Presidente D. Luis Andrade Negreira, participa por primeira vez na Copa Diputación, pasando a primeira eliminatoria ó vencer no campo municipal de Cepelo ó FLAVIA de Padrón na tanda de penaltis, despois de empatar a un gol no tempo reglamentario. Na segunda eliminatoria queda fora ó perder 3 - 1 contra o BETANZOS, no campo deste. Ese ano o Betanzos ascende a 3ª División. Na temporada seguinte, 93/94, xoga a primeira eliminatoria no campo do Sporting SADA.

A tempada 96/97 é a sétima na Rexional Preferente considérase de transición, con D. José Liñares Ferreiro como Presidente, inaugurase o novo Campo Municipal PEDRA MÁMOA, chamado máis tarde JESÚS GARCÍA CALVO. A ledicia que supuxo a inauguración do novo campo contrastou ca pena de deixar o mítico CEPELO, onde tantas tardes de rabia e gloria pasaron ó largo destes anos de historia como equipo federado, amén dos anos anteriores á federación do noso clube.

Na tempada 98/99 era Presidente D. Manuel Pensado Pousa. O adestrador era Javier Lodeiro Enicetoque contaba cos seguintes xogadores na plantilla, ALFONSO e QUICO porteiros; defensas, AGRASAR, BORJA, IVAN, JULIAN, PAREDES, PEDRAZA, RUBÉN, RUSO e URTUBI; medios, BOQUETE, DANI, GONZALO, IVAN, JOSE ANGEL, MANECHO, PABLITO, RAÚL, ROBERTO e SERGIO; dianteiros, ANGEL, CARLOS, COELHO, PIPI, SANCHO, VICTOR e VIDAL. Tras 38 partidos disputados o FEIRACO-SD NEGREIRA logra o sexto posto na clasificación con 17 partidos gañados, 10 empatados e 11 perdidos, con 54 goles a favor e 43 en contra, para un total de 61 puntos. O máximo goleador do equipo e VICTOR con 13 goles. A maior goleada foi contra o BOQUEIXON-AIRIÑOS por 5-1 marcando para os nosos JOSE ANGEL de penalti 25', BOQUETE 29' e VICTOR 34', 38' e 75'.

Na tempada 99/00 volve a coller a presidencia D. José Liñares Ferreiro en Rexional Preferente, onde o equipo acada o 8º posto con 56 puntos, 14 partidos gañados, 14 empatados, 10 perdidos, 60 goles a favor e 51 en contra. O adestrador é Raúl Nieto e a plantilla a conforman os porteiros GULDRÍS que recibe 27 goles, JOSÉ RAMÓN que recibe 13, QUICO RECIBE 9 e VARELA que recibe 2; os defensas BASANTA, DANI (5 goles), JULIÁN, LINO, PEDRAZA, RUSO (2), VIDAL (1); os medios BOQUETE (3), COUSO, GONZALO (1), JOSÉ ANGEL (7), OSCAR (1), PABLITO (2), ROBERTO, ROI (3), e os dianteiros ANGEL (6), COELHO, NANDO (4), RICARDO (3) SOLER (1), VICTOR (9) e o máximo goleador do equipo NEIRA (14).A maior goleada lógrase contra o C.D. Monterroso por 4-0 no Jesús García Calvo de Negreira. Na temporada 00/01 lógrase o ascenso a Terceira División. Na seguinte temporada 01/02 acádase o 15º posto na táboa con 42 puntos, 11 partidos gañados, 9 empatados, 18 perdidos, 45 goles a favor e 53 en contra. As maiores goleadas foron contra o C.D. Lalín 5-2 e contra o Gondomar C.F. 4-1. Na temporada 02/03 o Feiraco S.D. Negreira consegue o 13º posto con 44 puntos, 11 partidos gañados, 11 empatados, 16 perdidos, 41 goles a favor e 46 en contra. A maior goleada lógrase contra Betanzos C.F. 0-4 no campo deste, pero recíbese unha abultada derrota no García Calvo contra o C.C.D. Cerceda por 1-6.

Na temporada 03/04 colle a presidencia D. Manuel Liñares Giraut, que xunto á sua nova directiva, van escribir a páxina máis brillante na historia do noso club. Nesta temporada o equipo logra o 11º posto na clasificación, acadando un total de 47 puntos, 12 partidos gañados, 11 empatados, 15 perdidos, 34 goles a favor e 42 en contra. Neste equipo xogan, entre outros, GELUCHO, NANDO, JULIÁN, etc. É na temporada seguinte, 04/05, cando ocorre o feito histórico do ascenso a Segunda División B. Nesta temporada a directiva aposta como adestrador por Gelucho, que foi axudado por Varela e por Nando; os tres ex xogadores do Negreira. A plantilla a forman os porteiros PABLO e IVAN CAMPOS; os defensas ANDRES, JULIÁN, ROBERTO FEÁNS, UXIO, SUSO e CESAR; os medios JESUS, OSCAR VIDAL, PEQUE, MARIÑO, MANU, JOSE MARIA, RICO e RAVIÑA; e os dianteiros RUBEN MARQUEZ, IVAN GONZALEZ e ADRIAN. Na metade da temporada causa baixa José María e incorpórase ó equipo GELO, que sufrirá unha lesión moi grave en Betanzos. A liga comenza mal para o Negreira, acadando un só punto nos primeiros tres partidos:

PORRIÑO IND. C.F - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - S.D. O VAL 0-2

RAPIDO DE BOUZAS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 ( Rico 90' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VIEIRO C.F. 3-1 (Iván 43', 49', 57')

CORUXO F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - NARÓN B.P. 2-0 (Mariño 60', Adrián 85')

BERGANTIÑOS F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - BETANZOS C.F. 3-2 (Iván 56', 65', 83')

DEPORTIVO B - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Uxío 49')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - AROSA S.C. 1-0 (Adrián 24')

LARACHA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Rubén 49')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VILLALONGA C.F. 1-0 (César 27')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VERÍN C.F. 3-0 (Raviña 52', 63', Iván 55')

C.D. LALÍN - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORTONOVO S.D. 0-0

C.D. LUGO - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Rico 58' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - CCD CERCEDA 5-1 (Rico 17', Raviña 41', Iván 69', 76', 83' de penalti)

ALONDRAS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 2-1 (Rico 82' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. GROVE 3-1 (Iván 30', Rubén 82', Rico 89')

Ó remate da primeira volta o equipo logra o 4º posto con 31 puntos, 8 partidos gañados, 7 empatados e 4 perdidos.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORRIÑO IND. C.F. 2-1 (César 66', Manu 85')

S.D. O VAL - FEIRACO S.D. NEGREIRA 2-1 (Rico 18')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - RÁPIDO DE BOUZAS 5-1 (Mariño 10', 47', 66', Raviña 40', Rubén 50')

VIVEIRO C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - CORUXO F.C. 0-0

NARÓN B.P. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-2 (Manu 4', Raviña 59')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - BERGANTIÑOS F.C. 1-0 (Iván 53')

BETANZOS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - DEPORTIVO B 2-1 (Adrián 60', Iván 61')

AROSA S.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (Raviña 77')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - LARACHA C.F. 0-1

VILLALONGA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

VERÍN C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (Iván 82')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LALÍN 2-1 (Rubén 29', 53')

PORTONOVO S.D. - FEIRACO S.D NEGREIRA 0-1 (Iván 8')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LUGO 2-0 (César 2', 87')

CCD. CERCEDA - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (César 32')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - ALONDRAS C.F. 3-0 (Adrián 25', Iván 31', Rubén 43')

C.D. GROVE - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-2 (Andres 9', Adrián 25')

Despois de 38 partidos xogados o equipo consegue o 2º posto na liga con 72 puntos, 21 partidos gañados, 9 empatados, 8 perdidos, 52 goles a favor e 24 en contra. Lógrase así un feito histórico para un concello de 6500 habitantes, xogar por primeira vez unha fase de ascenso a 2º División Nacional B, onde o noso primeiro rival foi o C.D. MOSCONIA de Asturias.

C.D. MOSCONIA - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Uxío 90'). Xogaron no once inicial: Pablo, Suso, Roberto Feáns, Andres (Julián 85'), Uxío, Oscar Vidal (Peque 66'), Rico, José Mª (Adrián 46'), Manu, Rubén e Iván.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. MOSCONIA 0-0. Pablo, Suso, Feáns, Julián, Uxío, César, Rubén (Peque 64'), Rico, Manu (Mariño 53'), Iván e Adrián.

O último escollo para lograr o ascenso era o C.D. CIEMPOZUELOS da Comunidad de Madrid.

C.D. CIEMPOZUELOS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-3 (Iván 31',65', Suso 89'). Pablo, Suso, Feáns, César, Uxío, Manu (Peque 87'), Rico, Oscar Vidal, Mariño, Iván e Rubén.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. CIEMPOZUELOS 1-2 (Adrián 90') Pablo, Suso, Feáns (Julián 13'), Oscar Vidal (Peque 77'), Uxío, César, Rico, Mariño, Manu, Adrián e Iván.

Despois destas dúas eliminatorias lógrase o histórico ascenso e tras as celebracións, e case sen tempo, a directiva ponse a traballar para afrontar o novo reto que se vai presentar. E todo esto comenza con dous traspés moi importantes. O primeiro deles é que a empresa Feiraco, logo de vintecinco anos, deixa de patrocinar ó club, que perde así unha fonte económica moi importante. Tras moitas reunións e moitas dúbidas, un grupo de empresarios da vila, na asamblea xeral de fin da tempada, faise cargo de recaudar cartos entre as empresas da comarca para poder afrontar o novo reto da 2ªB. Nesta mesma asamblea, decídese que o equipo vólvase chamar S.D. NEGREIRA e voltar ás cores e o escudo orixinais na equipación dos xogadores, camiseta vermella e pantalón azul. O segundo dos problemas é cando tres dos xogadores máis importantes do cadro comunícanlle á directiva que non poden continuar por motivos persoais. Estes xogadores eran Rico, César e Raviña. Con este panorama comenza a pretempada máis importante na historia da S.D. Negreira.

martes, 26 de junio de 2007

Unha mala primeira parte impediunos consuma-lo ascenso

Sinxelamente, o Conquense foi superior, incluido nas nas faltas. Pero como se pode ver na crónica, foi no primeiro tempo onde deixámolo partido.
Lamenta-la fractura de peroné de Oláiz, ten terá que permanecer de baixa por un longo período, e que está nunha mala situación de saúde.Noraboa para os conquenses.
Que teñan toda a sorte na súa nova etapa entre os grandes.
Sentimos non haber marcado sequera algún gol, para agradecer no campo a entrega da afección. Xa que logo, facémolo dende o blog. Aúpa Negreira!!

jueves, 21 de junio de 2007

Acabáronse as bromas...

Chegou a hora da verdade. Só un dos dous dignos rivais poderá degusta-lo mel do Ascenso á categoría de bronce. Aquí vos enlazamos as impresións dos casteláns segundo o seu espazo on-line. Como se comenta dende varios ámbitos, todo está no aire: ninguén se atreve a falar de favoritos. Será un duelo de titáns.

Como comentaba Carlos Martínez (Cadena SER Cuenca) hoxe para Radio Negreira, "el Negreira ha demostrado ser un rival digno", y lo que se va a ver en la Fuensanta es puro espectáculo". Tamén comentou que Xulio Díaz ía a ter á man, ademais dos que xa se viron este domingo, a Josito e a Franqueira. O Conquense recupera ao seu talismán Javi Soria. Está claro que eles irán a marcar para logo mante-lo resultado. Haberá que ter boa conta das embestidas que preparen dende o primeiro minuto. O optimismo entre vós, os usuarios deste blog, é un punto a favor: na enquisa que levamos posta dende que se iniciou a Fase de Ascenso, pasouse dun pesimismo inicial no que gañaban os votos en contra de pasar da Segunda Fase a un estado actual no que a confianza pola consecución do Ascenso gaña por maioría absoluta.

Pero non podemos fiarnos. Os máis de 30 graos que se prevén nas terras castelás fan que teñamos que prepararnos para esa situación, para que non nos pille de sorpresa, e os branquinegros sacarán da manga novas tácticas non empregadas no García Calvo.
Que prezos hai para presencia-lo partido? Para os que non teñan a súa entrada, consultade este enlace que ofrece a web do Conquense. Por certo, xa que se prevé un cheo absoluto en La Fuensanta, os afeccionados que queirades ir pola vosa conta consultade previamente no número do club 969 23 40 42 para coñece-lo estado do aforo previo ao partido. Os afeccionados que vaiamos aló teremos unha acollida espectacular, xa se verá o que finalmente. Por agora temos un autobús cheo; verase se finalmente hai un segundo. En canto haxa nova información, terédela de primeira man neste mesmo espazo.
Para os que non poidan ir a velo, poderán disfrutalo dende a TVG para América; é dicir, que hai que ter instalada a TDT. Para os afeccionados castelán-manchegos, Castilla-La Mancha Televisión retransmitirao, polo que os prezos de entradas para socios disminuíu notablemente. Pero non hai problema: tódolos bares da capital barcalesa botarán o partido, polo que non hai excusa para perdelo.
Unha vez máis, precisamos do apoio da afección da SD Compostela para dar ese salto final.

Aúpa Negreira!!

lunes, 18 de junio de 2007

O campo encharcado e a mala sorte determinaron o resultado.


A xornada futbolística no García Calvo comezaba cunha afección entregada, cumprindo así con se-lo xogador número "12" co que os xogadores agradeceron a entrega do público cunha pancarta. Despois do minuto de silencio pola defunción da nai do anterior presidente da SD, Manuel Liñares "Cros", comezou o espectáculo. Volvían Mariño trala sanción, Josito volveu desde que se lesionara contra o Santa Comba, Franqueira en troques por Nacho e Feáns, que xa volvera en Amorebieta.
O Conquense acusou a falta do seu home gol, Javi Gómez, que cumpriu partido de sanción, e máis un céspede ata os topes de auga polas chuvieiras da véspera. Coñecedores de que por aí había que atacar ós rivais, os nosos lanzáronse a polo gol dende o primeiro minuto, e no tres Rubén Márquez rematou moi cerca do pao un balón mal despexado polo meta deles, Eduard. Destacar tamén o perigo da xogada que Mariño non conseguiu chutar a centro de Nacho pola dereita. Con algunha que outra ocasión para ambos clubs chegouse ó fin do primeiro tempo, que pechou o Conquense con dúas xogadas de certo perigo para Pablo.Igual guión para a segunda metade: iniciativa nicrariense durante todo o tempo, con xogadas como o cabezazo de Nacho a centro de falta de Mariño, e que se foi por enriba do longueiro, o disparo de Oláiz dende o lateral esquerdo da área, ou a ocasión máis lamentada na parroquia vermella: o tiro de Uxío tralos varios rexeitamentos que ulía a gol, de non ser polo providencial despexe de García Rubio con Eduard xa batido. Nos minutos finais, o Conquense volveu a probar sorte, pero sen resultado.
Non se puido ver ós branquinegros no seu estado natural, porque entre a chuvia e a súa falta de acerto, non xogaron como acostuman. Pero algúns detalles quedaron patentes, como o bo toque ou o perigo nos disparos a porta.
Dentro dos resultados de non victoria para nós, o empate a cero déixanos abertas tódalas portas, sendo moi importante que eles non puideran marcar en campo contrario. Ese feito pode ser chave, aínda que, como comentamos no artigo anterior, os números dos casteláns no seu campo son moi bos.
Dende o club queremos felicitar ó Real Madrid CF pola súa Liga 30, felicitar ó FC Barcelona e ó Sevilla FC pola súa entrega e polo papel da afección, e lamentamos que ó final o Celta non lograse a permanencia nun día co Balaídos ata a bandeira. Parabéns tamén para o Deportivo B e o Rácing de Ferrol.

viernes, 15 de junio de 2007

Este domingo no García Calvo é a hora da verdade: último partido da tempada no noso campo e, esperemos, da Terceira División por un longo tempo.

Será un partido trepidante: diante estará o Conquense, un equipo que quere volver á súa categoría de sempre. Ambos fixemos bos méritos para estar onde agora estamos, e está claro que ningún vai a tira-la toalla. O Conquense só perdeu dous partidos ao longo da tempada, e non será un rival que vaia a dar ningunha facilidade.

Mariño, o único capaz de meterlle gol á Amorebieta, volta á convocatoria tralo partido de sanción.

Temos constancia de que, polo menos, decenas de afeccionados da SD Compostela estarán connosco neste inolvidable partido, animando nas gradas para beneficio propio, da SD e do fútbol galego, que quere seguir aportando clubs á categoría de bronce do fútbol español.

Todo o noso ánimo para o Deportivo B perante o Don Benito, desta vez para a Segunda B. E para o Rácing de Ferrol, igual: os afeccionados queremos ver un equipo galego na Segunda División, e que non sexa este o Celta.

martes, 12 de junio de 2007

O noso próximo rival, o Conquese

Despois de pasa-lo ecuador para poder logra-la segunda B, queda o máis difícil: enfrontarse a un duro escollo como será o Conquense.
O equipo castelán virá este domingo ao García Calvo con toda a forza para intentar levarse o gato á auga. En palabras do míster Díaz, "houbera sido máis apetecible o San Fernando, porque o Conquense xoga parecido ao Amorebieta: xogo duro, tosco e de alta concentración."
Pero se a SD xoga como contra a Amorebieta, sen medo e co temple co que o fixo, non ten que ter medo.
Só o Deportivo B, como todos sabedes, correu a mesma sorte cá nosa (por certo, o seu rival, o Anguiano da Rioxa con 500 habitantes no concello, plantoulle cara ó mesmísimo Fabril; ¿por que vamos ter medo nos?), porque o Vilalonga perdeu tras dúas inxustizas arbitrais, e o Coruxo tocoulle un dos peores rivais posibles: o súper renovado Toledo, que quere voltar á Segunda B como mínimo.
Sorte para o DeporB, e lamentámolo moito por Coruxo e Vilalonga, que mereceron seguir adiante.

lunes, 11 de junio de 2007

Pasamos, pero ¡canto custou!

O partido deste sábado en terras vascas non o esquecerán facilmente os afeccionados: uns douscentos aproximadamente entre os da expedición e os que viñeron a Urritxe dende a propia rexión vascongada. Os seus berros oíronse tanto ou máis ca os dos mil e pico azuis que aló satopamos.

O Amorebieta sabía que coas baixas vermellas, tiña que ir a por todas. Non lle saíu mal: ata conseguiron un gol, pero xa penetrou na rede anulado por claro fóra de xogo. Atofegaron aos homes de Díaz, quen, co xesto de sabedoría de quen se sabe can vello, comentaba para a RG que a "a segunda parte será igual cá primeira: teremos que sufrir ao límite. Non errou: no 70, despois de varias ocasións de serio perigo, remate de Gurtubai que se foi ao poste, e a parroquia nicrariense xa se agardaba o peor. Pero aínda habería máis: no tempo de desconto tivo lugar unha xogada polémica na nosa área, na que os vascos reclamaron penalti, e na que o trencilla sacou amarela a Pradales, e como xa simulara un penalti anteriormente con cartón, foi expulsado.

Foi, ademais de duro para nós, onde todos xogaron moi ben, un partido moi duro, cargado de cartóns para ambos lados (5 cartóns para eles e para nós).

Por certo, que o Amorebieta negoulle á TVG a retransmisión en directo do partido a última hora, polo que a maioría dos afeccionados tivestes que conformarvos coa escoita na radio. En fin, líos burocráticos que a veces acontecen.

O caso é que seguimos adiante, e a metade do camiño está feito. A ver que pasa este fin de semana que vén.


viernes, 8 de junio de 2007

Non se presentou ningunha candidatura


Na reunión de Asemblea Xeral Extraordinaria de onte douse noticia de que non se presentou ningunha candidatura. Sorprendentemente, despois de tanto tempo, por primeira vez parece que ninguén quere ser presidente da mellor SD da historia.
Se ben o actual presidente, Manuel Liñares Giraut, confía en que para a asemblea que haberá o día 29 deste mes si haberá unha candidatura, percíbese un determinado clima de espera sobre os acontecementos. Como amosaron algunhas voces na xuntanza de onte, á que concorreron uns 55 socios, ninguén quere colle-lo equipo sen saber o seu derroteiro final: se estará na 2ªB ou na 3ª División. Tamén hai un certo reparo a xestionar o equipo e non chegar a facelo tan ben como o equipo directivo actual; pero iso sería ter medo a ter sido grandes. Se non se pode obter os resultados conseguidos ata agora, ¡que nos quiten o bailado! O caso é saber sacar adiante un equipo entre todos, unidos, todo o pobo de Negreira, e se non se pode estar como en tempos pasados, ter un equipo decente, con superávit e do que estemos todos orgullosos.
Sexa como for, o que non se pode admitir é que teña sido un erro apostar polo Ascenso á 2ª B, nunca, porque iso non se esquece endexamais, e non nos teriamos perdoada xamais non apostar polo ascenso.
A xuntanza durou sobre unha hora dende a primeira convocatoria, as 22:30, e rematou subitamente, cando a situación actual da SD se acabou por prantexar máis dende o plano político (papel do Concello local e da Deputación) ca dende o puramente deportivo.

miércoles, 6 de junio de 2007

Xoves 7 de xuño, asemblea xeral extraordinaria

Mañá xoves de de xuño haberá asemblea xeral extraordinaria para a elección dun novo presidente. O procedemento será o seguinte:

1ª Convocatoria: 22:30 horas.
2ª Convocatoria: 23:00 horas.

Orde do día:
1º: Presentación de candidaturas
2º: Elección de Presidente da Sociedade Deportiva Negreira

Finalmente si hai viaxe organizada a Amorebieta

Tal e como vos prometemos, dámosvos información sobre se hai viaxe a Amorebieta. Pois ben, comprácenos anunciarvos que si haberá viaxe finalmente. En principio fletarase un autobús de Autocares López. Estes son os datos:

Para apuntarse: Talleres Molba, Ferretería Ferreiro ou Radio Negreira.

Prezo: de balde. O Concello sufraga os gastos. O que ten que pensar o afeccionado é nos gastos de comer fóra e a entrada de Amorebieta.

Día e Hora de saída: sábado 9. A hora: preguntala ó apuntarse, pero deberá ser moi cedo, por razóns obvias.

Día e Hora de regreso: ó finaliza-lo partido. Chegarase de madrugada á capital nicrariense.

Recomendacións: non esquecerse da bufanda, da camiseta, e leva-la garganta preparada. Aúpa Negreira!!

lunes, 4 de junio de 2007

Xogamos sen medo contra a Amorebieta


Esta foto é para gardar: quen sabe se é a do comezo dotra xeira histórica.

Mirade qué imaxes pintorearon os do Amorebieta: todos estabamos espectantes a ver qué equipo amosaban na tarde de sábado. Pero máis co que eles fixeran, contou o bofacer da SD: saiu a gañar.

Os 1500 espectadores que este sábado enchemos o García Calvo non podiamos crer que o que a SD estaba a facer: dominar á mesmísima Amorebieta, seria candidata ó ascenso da 2ªB.
Xa na alineación a cousa comezaba ben, cando Harris fixo os seus pinitos en euskera para o deleite dos biscaínos. Unha afección entregada coma nunca dende o primeiro minuto demostrou que a colga de carteis e as camisetas distribuídas días antes convocaron o que o sábado se traduciu nunha festa de verdade. A afección quere volver a proba-lo caviar da categoría de bronce.


Dende o primeiro minuto a SD levou a iniciativa, sen esperar a estuda-lo rival, cousa que si parecía a estaren a face-los biscaínos. Eles intentaron meterlle a Pablo dous goles por cobertura, pero o de Oroso estivo sempre ben situado. En troques, o seu meta Lekue case come dous: un disparo dende a banda dereita de Nacho, que estivo incomesurable, e outro de Rodri, que xunto con Mariño puxo un medio do campo imposible para os vascos. As baixas non lle impediron ós nosos plantarlle cara a un rival que xoga, salvando as distancias, dun xeito que recorda ó Osasuna: xogo duro, moi físico, coa clave polo medio e moi perigoso a balón parado.
Na primeira parte a SD perdeu varias ocasións de adiantarse no marcador, pero a mala sorte e a barreira dos visitantes diante da portería desviaron proxectís ben encamiñados.


Coa mesma tónica no segundo período, a SD logrou sorprendelos: xogada de infarto de Oláiz pola esquerda, chegando ata o fondo la liña de porta, asiste a Mariño, quen quedou de fronte a portería e non fallou. Eles xa estaban con 10 homes trala expulsión de Zigor.

Eles non souberon pór ningunha contra a maiores, porque nunca abriron o xogo polos laterais, e polo medio Rodri e Mariño, co apoio de Álex Fernández, pechaban moi ben. Só algún susto, como o da segunda foto.
En canto ó árbitro, a verdade é que estivo frouxiño: perdooulles moitas xogadas de cartón, e expulsaron a Mariño por dobre cartón amarelo, cando este non fixo máis ca dúas faltas en todo o partido.
Pero o imprescindible era levar un resultado positivo dende a casa, e que eles non marcasen aquí. Conseguido. Sen confiarse, hai que ir a Amorebieta coa confianza de sacar adiante a eliminatoria.

(Nota: Sabede sobre as fotos que, segundo temos nas Creative commons deste blog, podédelas descargar para vós, sempre que non as modifiquedes nin lles deades un uso público ou lucrativo)

viernes, 1 de junio de 2007

Resultados da anterior enquisa...


Dende o mes de marzo ata o día 31 de maio do 2007, un total de 4 meses, 61 persoas distintas participastes na enquisa "Disputará a SD a Fase de Ascenso?
O 51% (35) respostastes que si, seguro; o 41% (25), que si, pero con apuros, e só un 8% (5 persoas) apostaron por un seguro non.
Non sabemos realmente cómo calificar o que aconteceu finalmente, porque, como sabedes, a SD non se clasificou sobrada, porque quedou terceira e non se anotou matematicamente ata a última xornada; pero pola outra banda dependeu sempre de si mesma, e non se clasificaría na xornada 38 salvo unha hecatombe. O que está claro é que entre uns e outros o 92% dos que dixestes que sí, e nisto acertastes todos. Por iso, queremos agradecérvo-la vosa confianza no bofacer do Negreira ó longo desta tempada.
Unha última sinalación: segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), 1 de cada 3 fogares de España ten acceso a internet. Se trasladamos esas cifras á nosa masa social, quere dicir que dos 600 socios 200 acoden a internet regularmente. Se 61 persoas fostes as que participastes (porque non se admitía máis ca unha resposta por PC), as contas nos din que aproximadamente un tercio dos socios con acceso á rede marcastes a vosa opinión, o que consideramos todo un éxito para un espazo on-line que está despegando.
Moitas gracias a todos.