jueves, 21 de junio de 2007

Acabáronse as bromas...

Chegou a hora da verdade. Só un dos dous dignos rivais poderá degusta-lo mel do Ascenso á categoría de bronce. Aquí vos enlazamos as impresións dos casteláns segundo o seu espazo on-line. Como se comenta dende varios ámbitos, todo está no aire: ninguén se atreve a falar de favoritos. Será un duelo de titáns.

Como comentaba Carlos Martínez (Cadena SER Cuenca) hoxe para Radio Negreira, "el Negreira ha demostrado ser un rival digno", y lo que se va a ver en la Fuensanta es puro espectáculo". Tamén comentou que Xulio Díaz ía a ter á man, ademais dos que xa se viron este domingo, a Josito e a Franqueira. O Conquense recupera ao seu talismán Javi Soria. Está claro que eles irán a marcar para logo mante-lo resultado. Haberá que ter boa conta das embestidas que preparen dende o primeiro minuto. O optimismo entre vós, os usuarios deste blog, é un punto a favor: na enquisa que levamos posta dende que se iniciou a Fase de Ascenso, pasouse dun pesimismo inicial no que gañaban os votos en contra de pasar da Segunda Fase a un estado actual no que a confianza pola consecución do Ascenso gaña por maioría absoluta.

Pero non podemos fiarnos. Os máis de 30 graos que se prevén nas terras castelás fan que teñamos que prepararnos para esa situación, para que non nos pille de sorpresa, e os branquinegros sacarán da manga novas tácticas non empregadas no García Calvo.
Que prezos hai para presencia-lo partido? Para os que non teñan a súa entrada, consultade este enlace que ofrece a web do Conquense. Por certo, xa que se prevé un cheo absoluto en La Fuensanta, os afeccionados que queirades ir pola vosa conta consultade previamente no número do club 969 23 40 42 para coñece-lo estado do aforo previo ao partido. Os afeccionados que vaiamos aló teremos unha acollida espectacular, xa se verá o que finalmente. Por agora temos un autobús cheo; verase se finalmente hai un segundo. En canto haxa nova información, terédela de primeira man neste mesmo espazo.
Para os que non poidan ir a velo, poderán disfrutalo dende a TVG para América; é dicir, que hai que ter instalada a TDT. Para os afeccionados castelán-manchegos, Castilla-La Mancha Televisión retransmitirao, polo que os prezos de entradas para socios disminuíu notablemente. Pero non hai problema: tódolos bares da capital barcalesa botarán o partido, polo que non hai excusa para perdelo.
Unha vez máis, precisamos do apoio da afección da SD Compostela para dar ese salto final.

Aúpa Negreira!!

15 comentarios:

Rodrigo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

toncholeto dijo...

vamos negreira¡¡¡¡
buena suerte¡¡¡¡

EU* dijo...

XOGANDO COMO SABEMOS, E TENDO UN POUCO DE SORTE,E TAMEN UN BO ARBITRO O NEGREIRA NON LLE TEN MEDO A NIGUEN, AUPA NEGREIRA,VIVA NEGREIRA A 2ªB.NEGREIRA A MORTE VAMOS Q PODEMOS..
EU* DIXEN.

Anónimo dijo...

hola a todos!!
por no ter con quen ir no autobus da afecion, quedo na casiña xa q o ir sola ata ala nn me facia moita gracia debido ás horas que son, dame una magoa tremenda pero agora xa non teño nada q facerlle...
asi que dende aqui dou todo o meu animo, e o domingo estarei pegada o televisor vendo como "o noso negreira" loita por un triunfo q ten moi merecido!!
aupa negreira

Anónimo dijo...

ánimo negreira, dende burela taremos pendientes de vos, o voso ascenso pode significar xogar un ano máis en preferente, moito animo.

©SD.N dijo...

Para Tontolecho: moitas grazas polo teu apoio unha vez máis.

Para EU*: cremos que tes razón: non temos nada que temer.

Para Anónimo 1: oh, qué bagoa... agora ben, se conseguimos pasar queremos verte celebrándoo na fonte das vacas, eh...

Para os de Burela: faremos todo o que poidamos. Incluiremos estes días un enlace do voso foro na nosa páxina. Un saúdo

©SD.N dijo...

Para o Rodrigo:
Oi Rodrigo, tudo bem?
Muito obrigado pelo conselho para adquirir uma camiseta serigrafiada por voçê.
So uma coisa: o que tu gostas deste blog oficial da SD Negreira?

Anónimo dijo...

O partido botano por dixital + tamen?

Anónimo dijo...

o anonimo q queria saber se o botan no dixital, o certo e q na sua programacion non ben nada e de feito polo q teño entendido os dereitos tenos a TVG AMERICA e esta canle non consta no dixital.

Anónimo dijo...

3-0 al descanso. Otro año será

Anónimo dijo...

Hola dende burela, graciñas por incluirnos na nosa páxina, para ver neste foro do equipo de futbol sala e o máis usado en burela, o que se fala do burela de futbol tedes que ir a peña maketos e ahi xa verdes a s.d. burela.

Para poder ver a páxina non oficial do equipo marosaverde.blogia.com ou entrar en www.maketos.tk e buscar na sección da s.d. burela.

Moito animo e para o ano a intentalo outra vez, e que esta sexa a vencida ¡¡

Anónimo dijo...

moito animo a todos os xogadores!!!! q afecion segue moi orgullosa de vos, non pasa nada e moi importante o feito de xegar a donde o fixestes!!habera q intentalo de novo o ano q ben!!
gustariame saber como se atopa olaiz?
aupa negreira!!!!!!!!!!!

Konkense dijo...

hola desde cuenca, sentimos mucho que os hallais quedado en el camino, pero desde aqui os deseamos suerte para la proxima, que esperemos sea pronto, y haber si nos vemos las caras de nuevo en 2ªb.saludos

toncholeto dijo...

lo siento mucho, chavales. animo¡¡¡¡¡

refor dijo...

foi unha pena que non o puidérades conseguir. De tódalas formas...a preparar a vindeira tempada dende xa! SAÚDOS.