lunes, 11 de junio de 2007

Pasamos, pero ¡canto custou!

O partido deste sábado en terras vascas non o esquecerán facilmente os afeccionados: uns douscentos aproximadamente entre os da expedición e os que viñeron a Urritxe dende a propia rexión vascongada. Os seus berros oíronse tanto ou máis ca os dos mil e pico azuis que aló satopamos.

O Amorebieta sabía que coas baixas vermellas, tiña que ir a por todas. Non lle saíu mal: ata conseguiron un gol, pero xa penetrou na rede anulado por claro fóra de xogo. Atofegaron aos homes de Díaz, quen, co xesto de sabedoría de quen se sabe can vello, comentaba para a RG que a "a segunda parte será igual cá primeira: teremos que sufrir ao límite. Non errou: no 70, despois de varias ocasións de serio perigo, remate de Gurtubai que se foi ao poste, e a parroquia nicrariense xa se agardaba o peor. Pero aínda habería máis: no tempo de desconto tivo lugar unha xogada polémica na nosa área, na que os vascos reclamaron penalti, e na que o trencilla sacou amarela a Pradales, e como xa simulara un penalti anteriormente con cartón, foi expulsado.

Foi, ademais de duro para nós, onde todos xogaron moi ben, un partido moi duro, cargado de cartóns para ambos lados (5 cartóns para eles e para nós).

Por certo, que o Amorebieta negoulle á TVG a retransmisión en directo do partido a última hora, polo que a maioría dos afeccionados tivestes que conformarvos coa escoita na radio. En fin, líos burocráticos que a veces acontecen.

O caso é que seguimos adiante, e a metade do camiño está feito. A ver que pasa este fin de semana que vén.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

sabedes se Ruben Marquez vai fichar pola SD Compostela?

xabier dijo...

Eu non escoitei nada, ademais ¿non fichara por dúas tempadas polo badalona?
Postos a falar de fichaxes, non sei si tachi pensa seguir na sd, pero a quen tempos que volver a fichar é a súa nai, ¡a mellor de toda a grada! ¡a afecionada máis incondicional!
Todos deberíamos apoiar de igual xeito ao equipo.

Anónimo dijo...

a ver si ascendeis que desde compostela os apoyamos y necesitamos vuestro ascenso

vamos negreira!!!!!!!!

SDN dijo...

Para Anónimo e Xabier:
Dende o club só vos podemos dicir que Rubén vestirá de vermello ata o 30 de xuño, como é natural. Despois desa data sentarémonos a negociar con el, e ofreceráselle unha oferta.
Calquera novidade que houbera, darémosvos resposta dende o blog, non vos caiba dúbida.
Aúpa Negreira!!

SDN dijo...

Para Anónimo:
Muchas gracias, amigo. Como muestra del aprecio que tenemos para con la histórica y convecina SD, de la que tenemos parte del equipo actual (Feáns, Gelo, Rubén Márquez,...), ponemos un enlace de un magnífico blog sobre tu club en nuestra lista de ENLACES DE INTERESE.
Si se da el caso de que podamos ascender (y vosotros también), desearos que pronto estéis en lo más alto, porque Compostela no se merece menos.
Un saludo!!

SDN dijo...

Para Xabier (polo asunto Tachi):
Bo observador. Queremos que siga na SD, porque obtemos "dous" xogadores: este é o espírito que fai falta, e o que está a facer historia.