viernes, 8 de junio de 2007

Non se presentou ningunha candidatura


Na reunión de Asemblea Xeral Extraordinaria de onte douse noticia de que non se presentou ningunha candidatura. Sorprendentemente, despois de tanto tempo, por primeira vez parece que ninguén quere ser presidente da mellor SD da historia.
Se ben o actual presidente, Manuel Liñares Giraut, confía en que para a asemblea que haberá o día 29 deste mes si haberá unha candidatura, percíbese un determinado clima de espera sobre os acontecementos. Como amosaron algunhas voces na xuntanza de onte, á que concorreron uns 55 socios, ninguén quere colle-lo equipo sen saber o seu derroteiro final: se estará na 2ªB ou na 3ª División. Tamén hai un certo reparo a xestionar o equipo e non chegar a facelo tan ben como o equipo directivo actual; pero iso sería ter medo a ter sido grandes. Se non se pode obter os resultados conseguidos ata agora, ¡que nos quiten o bailado! O caso é saber sacar adiante un equipo entre todos, unidos, todo o pobo de Negreira, e se non se pode estar como en tempos pasados, ter un equipo decente, con superávit e do que estemos todos orgullosos.
Sexa como for, o que non se pode admitir é que teña sido un erro apostar polo Ascenso á 2ª B, nunca, porque iso non se esquece endexamais, e non nos teriamos perdoada xamais non apostar polo ascenso.
A xuntanza durou sobre unha hora dende a primeira convocatoria, as 22:30, e rematou subitamente, cando a situación actual da SD se acabou por prantexar máis dende o plano político (papel do Concello local e da Deputación) ca dende o puramente deportivo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Uhhhh, o final non tedes presidente, jajaja

Marcos dijo...

Sabedes si é certo que Rubén Márquez está a piques de fichar polo Compos?

xabier dijo...

Eu non escoitei nada, ademais ¿non fichara por dúas tempadas polo badalona?
Postos a falar de fichaxes, non sei si tachi pensa seguir na sd, pero a quen tempos que volver a fichar é a súa nai, ¡a mellor de toda a grada! ¡a afecionada máis incondicional!
Todos deberíamos apoiar de igual xeito ao equipo.

SDN dijo...

Para Marcos e Xabier: (respostado no artigo anterior tamén):Dende o club só vos podemos dicir que Rubén vestirá de vermello ata o 30 de xuño, como é natural. Despois desa data sentarémonos a negociar con el, e ofreceráselle unha oferta.
Calquera novidade que houbera, darémosvos resposta dende o blog, non vos caiba dúbida.