viernes, 15 de junio de 2007

Este domingo no García Calvo é a hora da verdade: último partido da tempada no noso campo e, esperemos, da Terceira División por un longo tempo.

Será un partido trepidante: diante estará o Conquense, un equipo que quere volver á súa categoría de sempre. Ambos fixemos bos méritos para estar onde agora estamos, e está claro que ningún vai a tira-la toalla. O Conquense só perdeu dous partidos ao longo da tempada, e non será un rival que vaia a dar ningunha facilidade.

Mariño, o único capaz de meterlle gol á Amorebieta, volta á convocatoria tralo partido de sanción.

Temos constancia de que, polo menos, decenas de afeccionados da SD Compostela estarán connosco neste inolvidable partido, animando nas gradas para beneficio propio, da SD e do fútbol galego, que quere seguir aportando clubs á categoría de bronce do fútbol español.

Todo o noso ánimo para o Deportivo B perante o Don Benito, desta vez para a Segunda B. E para o Rácing de Ferrol, igual: os afeccionados queremos ver un equipo galego na Segunda División, e que non sexa este o Celta.

5 comentarios:

toncholeto dijo...

Muy buena suerte negreira¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Vamos Negreira confiamos en vostros!!!

Aupa Compooooooos

Anónimo dijo...

Vamos Negreira ¡¡¡¡ dende Burela os Maketos torcemos por vos, pena que teñamos de examenes (somos todos estudiantes) se non algun que outro animariamonos a ir, o voso ascenso e a nosa salvación, moito animo e a ver si se logra ¡¡

Anónimo dijo...

vamos negreira!!!!!!!!

ke se sabe del fichaje de ruben marquez por el compos?

©SD.N dijo...

Para todos:
Moitas gracias polo ánimo. Como podedes observar, tampouco nos foi mal; sería importante levar unha renda de vantaxe, pero tampouco é un mal resultado un 0-0, porque eles non marcaron. Eliminatoria totalmente aberta para a próxima fin de semana.