miércoles, 2 de mayo de 2007

Sábado máxico para os vermellos

Esta xornada a SD enfrontouse ó Ourense B no Couto e, cuns 400 espectadores, case que a maioría ían co vermello da Barcala: un exemplo sobresaínte de afección.
No minuto 33 de partido Álex Fernández non desaproveitou a ocasión para adiantarse no marcador, cando o Ourense estaba a exhibi-lo seu característico fútbol de toque. Logo, no 62, o pichichi Oláiz non perdeu a súa chance para pecha-lo marcador co definitivo 0-2.
unha victoria do máis oportuna, porque o Cerceda perdou na casa fronte ó Bergantiños, co que os adiantamos na clasificación xeral. Para a próxima semana, haberá pois un partido de infarto, porque ambos clubs se enfrontan no García Calvo. Se a SD gaña, terá un escollo menos para disputar sen dúbida a fase de ascenso, porque os próximos dous rivais "superdirectos", o Deportivo e o Santa Comba a domicilio, van a ser tamén partidos a morte. Por agora, estamos aí.
Aúpa Negreira!!

No hay comentarios: