lunes, 14 de mayo de 2007

Roubo arbitral

Nun partido destas características, segundo contra terceiro, 3 xornadas para remata-la liga regular e nada aínda decidido, e o protagonista acabou sendo árbitro. É verdade que ninguén dubida da boa fe dos colexiados, que fan un traballo ó que se atreve pouca xente, pero todo o mundo concorda que o deste sábado foi inxusto. Cun Negreira ben plantado, decidido palpar coas súas mans a difícil xesta de leva-los tres puntos do Mundo del Fútbol, poder recompensar á afección nicrariense alí presente, que encheu o campo coa súa presenza, saltou ó campo con esta idea. Cando se contemplaba o empate como a opción menos mala, o vigués Fernández Pérez pitou no minuto 70 o inxusto penalti, que se encargou de transformar Iván Pérez. O marcador xa non se movería, e unha inxusta derrota foi o que os vermellos trouxemos para a casa. Onte á tarde, no Galicia en Goles, escoitáronse as mensaxes de máis dun afeccionado que criticou o labor arbitral. O caso é que o Deportivo B xa se clasificou para os play off, pasando ó Coruxo na táboa porque non pasou do empate ante un incombustible Cruceiro, que se nega a descender, mentres que a SD terá que ir a por todas na Fontenla para o domingo que vén.
(Fonte da foto: http://www.neoteo.com)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Toda Negreira en Santa Comba o domingo. Hay que machacalos.
A POR ELES!

Anónimo dijo...

A pesar dos arbitros xogaremos a fase de ascenso.
Non puiden ir Abegondo pero escoiteno todo pola radio, creo que foi un gran partido, pena o resultado.
O mellor: que Rubén Márquez xa está recuperado, segundo dicían fixo unha magnifica segunda métade. Volve a ser o Rubén de antes! A ver se nos pode adicar un gol na Fontenla. Alí si que estarei.
A POR O SANTA COMBA!

©SD.N dijo...

a anónimo:

Non che caiba dúbida algunha, amigo. Temos que ser máis vermellos na Fontenla ca laranxas. Aúpa Negreira!!

©SD.N dijo...

A Eva:

En fin, como dixemos no comentario, creemos firmemente no bo facer dos árbitros, así que confiamos que este finde o prota non sexa o trencilla. Estaremos alí para que o luns toda a crónica do partido estea presente neste blog.