lunes, 21 de mayo de 2007

Non se puido asina-la fase de ascenso.

Posiblemente A Fontenla non se tiña enchido tanto como o fixo onte dende hai ben tempo para presencia-lo grande derbi da tempada: os dous rivais con opcións de disputa-la Fase de Ascenso a Segunda B na xornada 37. Sobre uns mil espectadores abarrotaban as gradas do estadio xalleiro.

A primeira parte foi de dominio absoluto dos nosos, cun xogo digno dun equipo doutra categoría, grazas ó cal atopou recompensa no minuto 34 co gol de Álex Fernández despois dun clamaoroso erro da zaga.

Totalmente descoñecido xogou o equipo na segunda parte, sobre todo cando se mancou Josito polo minuto 50. O Santa Comba, sen facer unha grande xesta, acorralou a un Negreira que se vía perdido, e que non era capaz de montar sequera un contrataque perigoso. O propio Xulio Díaz declarou que “fixemos un mal partido no segundo tempo”. Iso levou a que no minuto 88, cando o Santa Comba xa non sabía que facer para meter un gol, cando ex-nicrariense César empurrou o balón tras varios rexeitamentos na meta de Pablo.

Nese momento, a clasificación da SD para disputa-los seus segundos play-off da súa historia deixou de asinarse, feito que sería histórico, e os de Xallas rebentaron nas gradas, porque como dixo o seu míster, Chus Baleato, “se a próxima semana gañamos dependemos de nós mesmos”. Haberá que agardar fronte ó Portonovo para ver se finalmente o Negreira consegue o que lle corresponde pola súa traxectoria ó longo de toda a tempada.

Máis salientable que o xogo de calquera dos dous foron os centos de siareiros do Negreira, animando ó seu equipo, forxando unha inigualable afección na categoría da Terceira. Mañá publicamos un post coa situación da SD de cara ó próximo partido.

4 comentarios:

Sandra dijo...

Impresionante o do domingo. Digoo por toda a xente que foi ata Santa Comba. O resultado foi o malo...Vale, de acordo, podía ser peor. Pero, en serio, a afición non se mereceu a segunda parte do Negreira.
Dúas cousas máis:
¿Por qué non estaba a TVG na Fontenla?
¿Por qué non poñedes ben a clasificación? E que leva un pouco a engano,non?

SDN dijo...

*Para Sandra:
Sabiamos que contabamos cunha afección de "10", pero non de "11",..
De verdade que foi impresionante. Tes toda a razón: a segunda parte foi para olvidar. Pero, en fin, a presión , a responsabilidade tan grande ante unha incondicional afección,...
Que nós viramos só estaba a RG; a verdade é que un partido tan importante e non estar,...
A clasificación ata agora dependía dun servidor externo, que "cascaba" a un equipo distinto cada xornada. Pero, como podes ver, asunto amañado.
Moitas grazas polo teu comentario

Anónimo dijo...

Sinto moito, pero queréndolle ben, Jesús non fixo nada. Hai que dar máis o callo, que podiamos ter unha fase de ascenso no peto. E dos outros, parecido. como se notou cando Josito se foi po banquillo.

SDN dijo...

Para anónimo:
Respetamos tódalas libres opinións dos usuarios. Pero un mal día pode telo calquera, non?