miércoles, 14 de febrero de 2007

Fútbol case imposible

A incesante choiva facía que o balón case non se movese na tarde de onte no García Calvo. Un serán baixo vendaval en dobre sentido para o Negreira, porque antes da media hora Bragaña foi expulsado de vermella directa, co resultado de 0-0 no marcador.
Pouco despois Adriano case marca para os verdes nunha ocasión que, de non ser porque o esférico non rodaba, teríase resolto doutra maneira.
Pero foi con dez sobre o campo cando Franqueira rematou un rexeitamento no borde da área, sorprendendo a Ríos e inaugurando a súa xeira goleadora no seu novo equipo.
A partires de aí máis do mesmo: xogo atascado, ó pelotazo na maior parte do tempo, salvo algunhas ocasións bastante perigosas para ambos lados, da que destacamos un balón ó poste que enviou Nacho cando o partido chegaba á súa fin. O público agradeceu que o equipo con dez homes e co resultado favorable non se metese atrás, senón que permitise disfrutar dun xogo con iniciativa.
Esta merecida victoria, despois de tres xornadas sen gañar, permite á SD sosterse na segunda praza e a seguir perseguino a un incomesurable Cerceda, que non perdoou ó Laracha.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que deberían suspender el partido. No se puede jugar así,... Aunqu, bueno, a nosotros no nos vino mal

Anónimo dijo...

A anónimo:
Hombre, tiene su lógica. El problema es el de siempre: cuano lo juegas,...
En cualquier caso, el arbi decidió que la cosa siguiese, a pesar de que espectáculo se ausentó.