miércoles, 14 de febrero de 2007

Análise da clasificación

Con 23 xornadas disputadas na Terceira División, aproximámonos ós 2/3 de campionato, e é un momento propicio para botar contas sobre a situación da clasificación.
Temos ó Cerceda imparable, con tan só dúas derrotas, e cun xogo compacto e decidido. Todo parece indicar, a estas alturas da competición, que terá de seguro unha praza para disputa-la fase de ascenso.
A continuación, temos dúas ligas: a que vai dende a SD ata o Narón: en 9 posicións, tan só 5 puntos de diferencia, e na que salvo estes dous equipos, que se asentaron bastante en cadansúas posicións, o resto vanse alternando nas súas posicións. Logo ven a liga que encabeza o Lemos e pecha o Arousa, candidatos estes sete equipos a loitar para eludi-lo descenso. Destacar a boa racha do Cruceiro de Hío, e o adevacle total do Lalín, con derrotas por goleada nas últimas xornadas, e nas que o seu adestrador Gelucho declarou recentemente que non se sinte capaz de sacar ó equipo da situación.
Estamos nunha liga parecida á de Primeira División: igualdade e loita a morte. Calquera equipo que entre nunha racha negativa prolongada (4-6 partidos) pode descolgarse de forma notoria dos seus obxectivos posibles.

No hay comentarios: