lunes, 2 de julio de 2007

A xunta xestora actual continuará ao frente do club

Este venres 29 de xuño tivo lugar a Asemblea Xeral extraordinaria para a elección dun novo Presidente coa súa correspondente Xunta Directiva. Pero ao non haber presentación de ningunha candidatura, o Presidente, Manuel Liñares xunto co seu equipo tivo a deferencia de continuar coa actual Xunta Xestora ata o 31 de maio para salvagarda-lo destino do club dos perigos que conlevarían a ausencia de presidencia, detalle que tódolos socios presentes, cuxa cifra bateu récord histórico (cerca das 90 persoas), aplaudiron amplamente como sinal de agradecemento.

Outros asuntos que se trataron durante a xuntanza foi o de que Xulio Díaz e Julián Ferreiro continuarán como míster e director deportivo respectivamente, e a presentación das contas, que estiveron ao cargo do Secretario Tesoureiro, Manuel Freire "Carballo" deron, un ano máis en superávit.

Debido a que nesta web algúns comentaristas criticastes que non se potenciase máis a canteira dende o equipo senior, o Presidente arguíu que Negreira, ao ser un pobo pequeno, ve limitada a súa capacidade de facer un equipo de competitividade punteira só con homes da casa, aínda que todos aqueles rapaces que amosen boas maneiras sempre terán un sitio na SD.

No emotivo discurso que o Presidente fixo ao final, sinalou cantos éxitos se teñen acadado este ano e ao longo destes catro, e que durante este ano de transición se traballará arreo dende o club para poder lograr as mellores aspiracións posibles. A masa social rematou o acto con emotivos aplausos.

31 comentarios:

Quero que mellore dijo...

Ben, por un lado alégrame que siga a mesma directiva que ten costume de facer as cousas ben, e no aspecto económico axustarse o presuposto dado que e un punto moi crítico polo que moitos equipos se afunden...
Pero con respecto as categorías inferiores entendo que si se quere un equipo na élite se teña que fichar pero eso non quita que a atención os rapaces sexa mais profesional, e iso comenza por entrenadores bos, medios, e participación no primeiro equipo en maior medida... si non e así os pais dos chavales non o entenderán, que e o que está a pasara agora..
Sería posible unha verdadeira directiva mixta ADN/SD ?? Pregunto

Anónimo dijo...

Non estaria mal unha Directiva mixta entre ADN e o Negreira de 3ª mentras dura a xestora e en maio que continue xa un grupo novo pero con parte das persoas con experiencia previa. O paso debera ser progresivo, non traumático.

Anónimo dijo...

Eu creo que esa supuesta directiva mixta nunca se levara a cabo mentres a directiva do Negreira teña un alto presuposte e opte por intentar levar o equipo a 2ªB, xa que como e normal os rapaces do ADN non poden competir por entrar entre os 4 primeiros postos(sobre todo por falta de experiencia), pero cando as cousas non sexan tan bonitas acordaranse da canteira non o duden, tamen sea dito o dia que volvan a ser as cousas bonitas volveran a olvidarse dela. Asi funciona a directiva da SD. Polo ben da xuventude de negreira esperemos que o adn prosiga por moito tempo a sua gran labor que non solo e deportiva senon educativa.

Anónimo dijo...

Eu creo que esa supuesta directiva mixta nunca se levara a cabo mentres a directiva do Negreira teña un alto presuposte e opte por intentar levar o equipo a 2ªB, xa que como e normal os rapaces do ADN non poden competir por entrar entre os 4 primeiros postos(sobre todo por falta de experiencia), pero cando as cousas non sexan tan bonitas acordaranse da canteira non o duden, tamen sea dito o dia que volvan a ser as cousas bonitas volveran a olvidarse dela. Asi funciona a directiva da SD. Polo ben da xuventude de negreira esperemos que o adn prosiga por moito tempo a sua gran labor que non solo e deportiva senon educativa.

©SD.N dijo...

Moi boas a tod@s:
Está claro que o tema da canteira é un tema moi importante para todos, e para o club máis, se cabe. Intentando escapar das respostas típicas das fontes institucionais, como o é este blog, diremos que é un tema sobre o que hai que falar e determina-las estratexias finais.
Deixando de lado o tema de incorporar valores canteiráns ás filas do equipo senior, que é obvio que sempre se fará no caso de competitividade e rendemento do xogador en cuestión, cremos que non é reñido un "alto" presuposto con potencia-los valores propios. A cuestión está en que a canteira é un valor a moi longo prazo, que non produce resultados xa, polo que hai coordinar moi ben as accións coa directiva desas categorías. Pero é un tema que aínda hai que abordar. Saúdos

Cordonsiño dijo...

Tache(i)boa_a_navalla, acabo de enterarme de que Josiño e Alberto Mariño fichan polo Ciudad de Santiago..., Taseche poñendo interesante este verán, xa que non apreta o sol polo menos que estea quente o mercado de terceira....

Anónimo dijo...

bueno bueno...
q esta pasando cas fixaches como non espabilemos imos quedar sen xogadores, xa que se rumorea por ahi, que olaiz esta vendido os montañeros asi q.. e ca marxa de pablo!! dendo logo esta situacion preocupame ehh!! e agora o de josito e mariño mandaxe truco..
cando se saiban novas..

DeLiñaioSon dijo...

Pablo, Olaiz, Mariño, Josiño....
A exdirectiva, agora xunta xestora o ten todo controlado. Está claro que con equipo ahí nos primeiros postos e tamén pelexando pola 2ªB non o quererá coller ninguen fácilmente, polo que esta vindeira tempada tocaranos os afeccionados do Negreira pelexar por non descender pra que Ramos o colla sin tanto medo e logre rodearse dun equipo de xente...

Santiso dijo...

E que pasa co campo de Cepelo, estará para iniciar a tempada nas categorías inferiores ou tardará un ano como os vestiarios novos??..
E despois poñeranse de acordo ADN e SD para entrenar no campo de cespede artificial ou terá preferencia como para todo o equipo de terceira.

campelo dijo...

Non se ve moi animado este blog do Negreira, que poucos nos preocupamos do futbol na internet. Pois e un bo método para expresarse e tamén para dar as noticias o día.

pazocoton dijo...

Parece que Roberto Piñeiro ficho polo Negreira para a vindeira tempada, a pasada militou no Compostela. Beña Negreira, que pouco se sabe de vos ultimamente.

Anónimo dijo...

bueno bueno, vou deixando as novas conforme se van sabendo.. asi que confirmada a fichaxe de roberto piñeiro e a de nacho polos montañeros...
e tamen a marcha de suso do futbol por motivos persoais
asi que pa tempada que ven non vai qudar nin o primeiro de esta tempada :( asi e o futbol

siareiro_ADN dijo...

E cantos e quenes dos xuveniles que pasaron de edade ficharán polo primeiro equipo?.. ardo en ascuas por sabelo. A ver Ramos cantos colocas no primeiro equipo, xa que sempre se fala de facelo B pero nunca se fai teremos que facerlle un oco non?

Anónimo dijo...

na prensa de oxe xa se fala das baixas confirmadas e das novas altas, pareceme a min que este blog faise con animo de informar e manter a afecion o tanto do que sucede no equipo... non pa que teñamos que buscarnola vida pa saber o que pasa no "noso equipo".
asi que voume limitar a poñer o q di a prensa:
Baixas confirmadas: Alex Fernandez(coruxo), Olaiz e Nacho(montañeros), ruben marquez(badalona),mariño,josito e franqueira(ciudad de santiago)pablo(cerceda)por motivos persoais e de estudios: andres bragaña e suso, respectivamente.
Xa hai duas altas confirmadas, a do porteiro de portonovo e un dianteiro do ourense B
Limitome a prensa se hai algun dato mal, pido discupas.
Cando algo teña o valor de pronunicarse sobre os xuveniles que o faga constar porque tanto facer oidos xordos xa é cansino.
Un afecionada moi enfadada pola falla de informacion

Castaño dijo...

Os últimos rumores son sorprendentes, o posible convenio do Compostela e o Negreira para levar un equipo a 2ªB que acabaría sendo o Compostela y outro a terceira, potenciando conxuntamente as categorías inferiores de ambalas dúas Sociedades. Sería un verdadeiro impulso para Compostela, Negreira e toda a súa Comarca de influencia que e moi grande. Fálase incluso de colaboración durante a vindeira compaña e intercambio ou cesión de xogadores. O asunto está moi avanzado.

pepa dijo...

Que pasa coas noticias ?, e certo o que di castaño?, e o que di hoxe o correo:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=360&idNoticia=186889

Me parece que o imos pasar mal a vindeira tempada, e por mais desgracia seguimos co Xulio Días, xogo directo total... E digo eu por que non traedes a Camilo Perol que e de mais preto e sabe xogar moi ben o futbol directo. Ou mellor ainda, os xogadores mais o técnico do Dubra que non o ocultan a ainda así subiron esta tempada a Preferente, como está o futbol manda carajo.

Anónimo dijo...

A q e debido esta espantada de xogadores? so qdan 3 de 22!! tamos vos, nn creo q sean todos pola pasta!! a verdadeira razon habrialla q preguntar a julian ou a xulio diaz!! aora pagaranlle mais a outros pa q bñan! jeje, q contradiccion... en fin aora supoño q tiraran da canteira por q ainda cos catro reforzos faltan moitos de dios!! bueno polo menos veremos xente da casa ainda q os cartos nn os vaian levar eles, senn os q bñan da fora!! xunto co xulio e algun director tecnico....jeje

Anónimo dijo...

pero que pasa..
eu xeguei a conclusion de que o negreira ta o facendo moi mal...
como e posible que bragaña deixara o clube por mor dos problemas de traballo e agora de repente fixe polo ciudad de santiago..
xa levo pedidas explicacións e ninguen mas da.. q pasa o clube nn ve a decepción que esta sufrindo a afeccion ou e que solo se lle presta atención que son os cartos os que importan?? a verdade e que xa nn sei que pensar..
todo isto xeira moi mal.. e da moito que desconfiar.
e o peor e que quen o vai pasar mal esta temporada é a afecion.. podian ter un pouco de consideración digo eu..

Rabioso_razoable dijo...

Quero saber si e verdade que se está a negociar o intercambio da praza de terceira pola de preferente do Compostela. E canto lle vai pagar o Compos polo cambio ?

Anónimo dijo...

de vez en cando conven abrilas ventanas e sacudilas alfombras..e estan cheas de polvo...
EU*DIXEN...

Camineiro dijo...

Que pasa cos xuveniles ??. Entende o Negreira que darlles a oportunidade e ofrecerlles entrenar a pretempada con eles ??.. E despois que fan, siguen entrenando toda a tempada para non xogar nunca, nin no Negreira nin en ningún outro equipo?.. Que pasa Julian, a eso entendes ti que e a coordinación entre o equipo de terceira e o ADN, e despois aparece na prensa que xa tendes fichados 3 sub23 que son de fora. E por último que pasa con Damian, un xogador que entrenou toda a pasada tempada co primeiro equipo e chegou a xogar uns minutos en mais de un partido e agora non queredes saber nada mais del??... Demasiadas inconnitas. Por certo parece que Damian xa fichou polo Santa Comba.

carozo dijo...

Escoitei que os xuveniles de ADN van ter unha segunda oportunidade de subir a Gallega pois retíranse 2 equipos, si e así, espero o máximo apoio pola afición tamén do Negreira e o apoio incondicional da directiva actual, o futuro pasa por incorporar varios xogadores da canteira cada ano e teñan oportunidade de demostrar que aprecian esta institución.
Vamos ADN, a pola categoría gallega xa, esta vez non pode escaparce.

Anónimo dijo...

polo que chegou oxe os meus oidos, roberto piñeiro o final decantouse polo santa comba...
non sei que lle faremos os xogadores que ninguen quere quedar.

JOHAN C. dijo...

Dos que se foron algún eran bos xogadores pero tampouco iban a dar moito mais. De feito cando chegou Xulio Díaz estaban indo a pique, cada día xogando peor e defendendo como nenas. Por isto ten mérito o que fixo Xulio. En ningunha categoría e doado darlle a volta a un equipo que vai cara baixo por cambiar o entrenador, este ano Celta ou Cerceda por telos próximos.

Así que eu case prefiero ver novos xogadores que veñan con mais ilusión e sabendo que o entrenador sabe por donde hai que empezar.

Por outra parte vexo nos comentarios de este blog bastante mal rollo entre os do ADN e a SD. Realmente esto da un pouco de pena. Esta claro que si os rapaces non suben e porque non hai ningún moi destacado e para seguir progresando terán que foguearse en aficionados si é que realmente teñén interese e ganas de traballar e aprender.

Saúdos a todos,
Johan C.

Eu dijo...

A tomar polo___ Johan C. aprende ti algo de futbol mamón. Xa veras cando vaixe a preferente esta tempada cos novos xogadores o que vas decir do experto Xulio Días.

Anónimo dijo...

Está claro que o maleducado quere que baixe (con B) o Negreira. Siareiros destos queremos ós menos.

aúpa sd!!

Siareiro_01 dijo...

A vindeira tempada si queredes ver o Negreira mellor será que pidades o carnet de socio do Ciudad, mais da metade do equipo xogou no equipo Nicrarense, e senón facede contas.

perolo dijo...

Bueno bueno,
Teremos que acostumbrarnos a seguir deixando marchar a bos xogadores da canteira, o caso de Angel, un excelente porteiro e mellor persoa, e Matias, e Damian, que van para o Santa Comba tamén de terceira división. Cada día entendo menos, os xogadores que toda a vida xogaron no ADN non lle valen a SD pero si o Santa Comba tamén de terceira. Véxase o caso anterior de Lobo. Algén di nun párrafo anterior que parece verse mal rollo entre as directivas do Negreira e ADN, eu mais ben penso que os directivos do Negreira solo lle importa o equipo de terceira, e estar comodamente levando un solo equipo na élite e viaxar e alternar e sair na prensa ou no programiña de Javier Iglesias. Eu solo vexo un culpable, e vos??

Anónimo dijo...

se sabe algo del convenio entre el compos y el negreira???cuando demonios va fichar el negreira jugadores de garantías???!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xulio Díaz dijo...

Son o puto amo deste Negreira así que xa podedes ir facendo o que eu quero, eso vos digo a todolos xogadores menos a Feans que e un dos meus preferidos, e os putos xuveniles que teño que aguantar, xa sabedes que a maioría non ides durar nin dous telediarios e os sub23 que non teña mais remedio que fichar claro que non xogaredes nin 5 minutiños como e sabido. Este ano vai arder Troia, perdón quero dicir Negreira.

johan c. dijo...

johan c.

por favor a ver si o blog master abré un fío cada semana aínda que sexa sólo decindo os destacados nos partidos do Negreira porque agora estou en Holanda en non podo seguir os partidos do Negreira.

por certo aquí hai algúns xuvenís bastante bos. xa lle mandarei informes a Xulio. ademáis son ben traballadores e non se queixan.