lunes, 4 de junio de 2007

Xogamos sen medo contra a Amorebieta


Esta foto é para gardar: quen sabe se é a do comezo dotra xeira histórica.

Mirade qué imaxes pintorearon os do Amorebieta: todos estabamos espectantes a ver qué equipo amosaban na tarde de sábado. Pero máis co que eles fixeran, contou o bofacer da SD: saiu a gañar.

Os 1500 espectadores que este sábado enchemos o García Calvo non podiamos crer que o que a SD estaba a facer: dominar á mesmísima Amorebieta, seria candidata ó ascenso da 2ªB.
Xa na alineación a cousa comezaba ben, cando Harris fixo os seus pinitos en euskera para o deleite dos biscaínos. Unha afección entregada coma nunca dende o primeiro minuto demostrou que a colga de carteis e as camisetas distribuídas días antes convocaron o que o sábado se traduciu nunha festa de verdade. A afección quere volver a proba-lo caviar da categoría de bronce.


Dende o primeiro minuto a SD levou a iniciativa, sen esperar a estuda-lo rival, cousa que si parecía a estaren a face-los biscaínos. Eles intentaron meterlle a Pablo dous goles por cobertura, pero o de Oroso estivo sempre ben situado. En troques, o seu meta Lekue case come dous: un disparo dende a banda dereita de Nacho, que estivo incomesurable, e outro de Rodri, que xunto con Mariño puxo un medio do campo imposible para os vascos. As baixas non lle impediron ós nosos plantarlle cara a un rival que xoga, salvando as distancias, dun xeito que recorda ó Osasuna: xogo duro, moi físico, coa clave polo medio e moi perigoso a balón parado.
Na primeira parte a SD perdeu varias ocasións de adiantarse no marcador, pero a mala sorte e a barreira dos visitantes diante da portería desviaron proxectís ben encamiñados.


Coa mesma tónica no segundo período, a SD logrou sorprendelos: xogada de infarto de Oláiz pola esquerda, chegando ata o fondo la liña de porta, asiste a Mariño, quen quedou de fronte a portería e non fallou. Eles xa estaban con 10 homes trala expulsión de Zigor.

Eles non souberon pór ningunha contra a maiores, porque nunca abriron o xogo polos laterais, e polo medio Rodri e Mariño, co apoio de Álex Fernández, pechaban moi ben. Só algún susto, como o da segunda foto.
En canto ó árbitro, a verdade é que estivo frouxiño: perdooulles moitas xogadas de cartón, e expulsaron a Mariño por dobre cartón amarelo, cando este non fixo máis ca dúas faltas en todo o partido.
Pero o imprescindible era levar un resultado positivo dende a casa, e que eles non marcasen aquí. Conseguido. Sen confiarse, hai que ir a Amorebieta coa confianza de sacar adiante a eliminatoria.

(Nota: Sabede sobre as fotos que, segundo temos nas Creative commons deste blog, podédelas descargar para vós, sempre que non as modifiquedes nin lles deades un uso público ou lucrativo)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A parroquia fixo como cando o de 100pozuelos: quedou no campo como os equipos ingleses. We never get you walk alone, Negreira!

Anónimo dijo...

Enhoraboa ó NEGREIRA e a pensar case no seguinte partido. Inda que hai que ter coidado con estes vascos...

Anónimo dijo...

En serio, non haberá viaxe organizado para ir a Bilbao?
Sería unha pena...

©SD.N dijo...

Para Anónimo 1:

Moitas gracias pola comparanza coa afección do Liverpool. Saber que o sentimento rojillo é tal danos a forza necesaria para ir a por todas en terras biscaínas.
1 saúdo

Para Refor: exploramos o teu blog, e vemos que estás de exames. Estuda moito, e sorte! Efectivamente, imos camiñando para logra-la 2ªB de novo. Queda moito por andar, e cada vez máis duro, pero aprendemos unha vez que todo é posible.
Aúpa para o Caldas, campión!

©SD.N dijo...

Para anónimo 2:

Pode que haxa novidades. En canto teñamos nova información, recibirás resposta personalizada mediante este blog.
1 saúdo.