jueves, 28 de junio de 2007

Últimas novas da SD

César Oláiz foi intervido cirúrxicamente, como todos sabedes, e permanecerá de baixa sobre uns dous meses, polo que se perderá a pretempada e, previsiblemente, os primeiros partidos de liga. Calquera novidade ao respecto será presentada neste site.
Hoxe á noite terá lugar por parte do Exmo. Concello de Negreira unha homenaxe ao club polo seu magnífico labor ao longo da presente tempada.
Por último, hoxe tamén terá lugar unha xuntanza da Directiva da SD para perfila-la reunión de mañá, venres, que terá o rango de Asemblea Xeral Extraordinaria, cuxa punta de lanza está na elección dun novo Presidente e a súa correspondente Xunta Directiva, xa que o actual Presidente, D. Manuel Liñares Giraut, non se presenta como candidato

1 comentario:

Anónimo dijo...

quero agradecer a persoa que pon o dia este blog por toda a información facilitada.
e gustariame que cando tuvera novas sobre os nosos xogadores, o fixera constar, e tamen sobre o estado de saude de Olaiz.
Gustariame saber sobretodo que vai suceder con ruben marquez (xa que é un cedido)
un aficcionada agradecida