miércoles, 6 de junio de 2007

Finalmente si hai viaxe organizada a Amorebieta

Tal e como vos prometemos, dámosvos información sobre se hai viaxe a Amorebieta. Pois ben, comprácenos anunciarvos que si haberá viaxe finalmente. En principio fletarase un autobús de Autocares López. Estes son os datos:

Para apuntarse: Talleres Molba, Ferretería Ferreiro ou Radio Negreira.

Prezo: de balde. O Concello sufraga os gastos. O que ten que pensar o afeccionado é nos gastos de comer fóra e a entrada de Amorebieta.

Día e Hora de saída: sábado 9. A hora: preguntala ó apuntarse, pero deberá ser moi cedo, por razóns obvias.

Día e Hora de regreso: ó finaliza-lo partido. Chegarase de madrugada á capital nicrariense.

Recomendacións: non esquecerse da bufanda, da camiseta, e leva-la garganta preparada. Aúpa Negreira!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Finalmente non vou poder viaxar a Amorebienta. Pídovos a todos os que teñades a sorte de ir que animedes tamén por min e por todos os que quedamos en Negreira.
QUE SE NOTE QUE CLASE DE AFICIÓN TEN ESTE EQUIPO.
A POR ELES! AUPA NEGREIRA!

©SD.N dijo...

*Para Sandra:
Que bágoa que non poidas vir... Alá xuntarémonos cun bus que virá dende Oñate con afeccionados galegos, e xunto cos que irán pola súa conta, vamos a ter un bo contendente. Moitas gracias, e: A POR ELES!!