miércoles, 30 de mayo de 2007

A SD Amorebieta será o noso rival na primeira fase para o Ascenso á Segunda B



Como todos sabemos, o noso rival para disputa-la Fase de Ascenso á Segunda B será o conxunto vasco de Amorebieta.
Ten unha poderosa zaga, na que os seus goleadores, o medio Azkarraga e o punta Zubero, con 15 e 13 goles ó longo da campaña respectivamente, ameazarán a porta de Pablo. É o típico equipo vasco, cun portentoso físico e cunha alta concentración na realización do xogo.
O partido de ida xogarase este sábado 2 de xuño a partir das 7 do serán no García Calvo. O prezo das entradas será:
-Para os socios: 10€
-Para o resto do público: 15€
Algúns siareiros nos preguntaron sobre se se organizará viaxe para ir ata terras biscaínas. En principio dende o club non nos encargaremos de organizar viaxe algún, transladando a iniciativa aos afeccionados. Sobre calquera outra novidade que haxa, utilizaremos, entre outras canles, este medio on-line para informarvos.
Esperamos que este sábado sexa unha festa semellante á que tivemos este domingo pasado.
¡Aúpa Negreira!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que organizar a viaxe como sexa, esta clube ten que estar arroupado pola sua masa social

Anónimo dijo...

Co que se movilizou os seguidores do negreira durante toda a tempada ¿en serio dende o club non van facer nada? ¿non teñen interese en que se consiga o ascenso?

Anónimo dijo...

Estou dacordo cos anteriores comentarios, o negreira non pode estar só en Amorebieta, pero... é moi compliado para moitos de nós desprazarnos pola nosa conta. ¿Por que o clube non coordina a viaxe para os seguidores?

©SD.N dijo...

*Para anónimo, María e Xabier:
Pode que nas próximas horas haxa algunha novidade. En canto teñamos nova información, vola faremos saber mediante este blog.
Saúdos