jueves, 29 de marzo de 2007

Gelucho cesado no Lalín


Espertamos esta mañá coa nova de que Amandio de Bessa e os seus directivos relegaron a Gelucho, o noso míster na 2ªB, despois de coller a un equipo en horas baixas para abandona-lo penúltimo na táboa. Agora, o asturiano Acevedo intentará sacar ó histórico club das profundidades da táboa.

Esta xornada pasada, tras empatar a 3 co Cruceiro do Hío, os do Deza son os máis goleados da 3ª División Grupo 1. Vai a ter unha papeleta de "coidado", aínda que lle desexamos toda a sorte posible. El Correo Gallego faise eco desta nova da nosa División.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O Lalín pasou de ser un equipo forte na 2ª B a estar a piques de descender a preferente. Por proximidade tamén falaría do Arosa, que definitivamente é carne de preferente. Un histórico da terceira e incluso 2ª B que se desmorona. E como adoita ocorrerlle a estes equipos...parece que lle costará recuperar a categoría, inda que tamén é certo que o descenso non está confirmado. Sorte po negreira!!!
P.D: debo dicir que o Caldas (2ª rexional-grupo 10) está nunha boa situación a falta de 6 partidos para rematar a LIga. 1BLOGSAU2.

Anónimo dijo...

Para Refor:
Como ti ben sabes, o Lalín acarrexa aínda problemas económicos de antano e, como soe acontecer (At. Madrid, Deportivo, Las Palmas,.......) os problemas dos despachos acaban salpicando sobre o terreo de xogo.
En canto ó do Arosa, tamén sorprende, porque un histórico abandeirado da categoría estase afundindo. Desexámoslle a ambos equipos, de tódolos modos, toda a sorte do mundo.
Saúdos!!