lunes, 18 de junio de 2007

O campo encharcado e a mala sorte determinaron o resultado.


A xornada futbolística no García Calvo comezaba cunha afección entregada, cumprindo así con se-lo xogador número "12" co que os xogadores agradeceron a entrega do público cunha pancarta. Despois do minuto de silencio pola defunción da nai do anterior presidente da SD, Manuel Liñares "Cros", comezou o espectáculo. Volvían Mariño trala sanción, Josito volveu desde que se lesionara contra o Santa Comba, Franqueira en troques por Nacho e Feáns, que xa volvera en Amorebieta.
O Conquense acusou a falta do seu home gol, Javi Gómez, que cumpriu partido de sanción, e máis un céspede ata os topes de auga polas chuvieiras da véspera. Coñecedores de que por aí había que atacar ós rivais, os nosos lanzáronse a polo gol dende o primeiro minuto, e no tres Rubén Márquez rematou moi cerca do pao un balón mal despexado polo meta deles, Eduard. Destacar tamén o perigo da xogada que Mariño non conseguiu chutar a centro de Nacho pola dereita. Con algunha que outra ocasión para ambos clubs chegouse ó fin do primeiro tempo, que pechou o Conquense con dúas xogadas de certo perigo para Pablo.Igual guión para a segunda metade: iniciativa nicrariense durante todo o tempo, con xogadas como o cabezazo de Nacho a centro de falta de Mariño, e que se foi por enriba do longueiro, o disparo de Oláiz dende o lateral esquerdo da área, ou a ocasión máis lamentada na parroquia vermella: o tiro de Uxío tralos varios rexeitamentos que ulía a gol, de non ser polo providencial despexe de García Rubio con Eduard xa batido. Nos minutos finais, o Conquense volveu a probar sorte, pero sen resultado.
Non se puido ver ós branquinegros no seu estado natural, porque entre a chuvia e a súa falta de acerto, non xogaron como acostuman. Pero algúns detalles quedaron patentes, como o bo toque ou o perigo nos disparos a porta.
Dentro dos resultados de non victoria para nós, o empate a cero déixanos abertas tódalas portas, sendo moi importante que eles non puideran marcar en campo contrario. Ese feito pode ser chave, aínda que, como comentamos no artigo anterior, os números dos casteláns no seu campo son moi bos.
Dende o club queremos felicitar ó Real Madrid CF pola súa Liga 30, felicitar ó FC Barcelona e ó Sevilla FC pola súa entrega e polo papel da afección, e lamentamos que ó final o Celta non lograse a permanencia nun día co Balaídos ata a bandeira. Parabéns tamén para o Deportivo B e o Rácing de Ferrol.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Está claro que é un resultado bo pero non sei en que xornal lin que o Conquense tan só perdeu 2 partidos en toda a campaña. Penso que tendes que botar o resto e gracias á vosa afición todo pode pasar. ¡A ilusión é o último que se perde! ENHORABOA POLO BLOG, non me deixas de sorprender! SAÚ2. Xa me invitarás para o ano: NEGREIRA-PONTEVEDRA. JEJE.
-LÍNEA DE CAL-

©SD.N dijo...

Para Refor:
Esperemos que este domingo sexan tres. Ou que sigan sendo dúas, pero cun empate a un, ou así,...
Non será fácil, pero gustaranos verte o ano que vén aquí en Negreira co Pontevedra como rival (e non o Pontevedra B,...).
Moitas gracias

Anónimo dijo...

magoa o de onte.
unha aperta dende santiago e anino para a volta.

©SD.N dijo...

Para Toncholeto:
A verdade é que si: unha mágoa non ter marcado cando menos un gol, tendo ocasión para facelo. Pero en fin, non foi o último partido,...

Anónimo dijo...

PARECE SER Q O PARTIDO CONQUENSE-SD NEGREIRA, SERÁ TELEVISADO POLA TDT DA TVGA, O CANAL GALICIA- AMERICA,ASIQ TAMEN SE VERÁ NO DIAL 94 DE DIGITAL+.ASI Q O DIMINGO AS 12 NINGUEN NA RÚA EN NEGREIRA.
EU*

Anónimo dijo...

Moito animo dende Burela e a ver si o conseguides ¡¡¡, estaremosvos vendo dende a tdt por o que parece o domingo as 12, moitisima sorte ¡¡
Tades convidados a pasarvos por marosaverde.blogia.com cando queirades e a participar na nova extensión no foro: http://marosaverde.multiforos.es/
Un saudo espero vervos por ahí, non fai falta rexistrarse

Anónimo dijo...

son unha aficionada do negreira!!! dende logo non teño palabras para expresar o q sinto nestes momentos, sinto un orgullo tremendo!! e por iso viaxarei a Cuenca para dar todo o meu apoio.
os parabens o equipo, q dende logo esta demostrando q merece todo o q recibe da aficción

©SD.N dijo...

Para anónimo da SD Burela: moitas grazas pola referencia. Animamos aos afeccionados á Rexional Preferente (ogallá á Terceira...) que pasen por "A Marosa é verde".
Por certo, que pasou co voso blog?
Un saúdo.

©SD.N dijo...

Para anónimo "Afeccionada do negreira!!!":
E se dámo-la campanada en La Fuensanta?
Moitas grazas polo ánimo; en terras conquenses todo o apoio será pouco. Queremos que o "Xogador 12" nos axude a consegui-lo noso grande soño por segunda vez.
Aúpa Negreira!!

Anónimo dijo...

Hola hermanos gallegos. El domingo nos vemos las caras en la Fuensanta y quiero deciros que sabemos lo bien que se ha comportado vuestra directiva con la nuestra. Habéis demostrado caballerosidad y saber estar, por lo que aunque gritaremos y animaremos al Conquense hasta reventar, mantendremos el mismo nivel de buen hacer que el realizado por vosotros.
Un saludo desde Cuenca.

©SD.N dijo...

Para Balompédico:
Muchas gracias por el encomio. Nuestra filosofía es que, se gane o se pierda, las buenas maneras y el espectáculo es lo que debe primar, por encima del deseo de ganar. Será un placer estar con vosotros en vuestra tierra. Hasta pronto.

Anónimo dijo...

Hola!
Lin oxe na prensa que xa non habia prazas no atobus da aficion, queria confirmar se isto é certo.
queria saber tamen a hora é a salida, e debido a q non son de negreira se o autobus fará parada en santiago? se me podedes facilitar un numero de telefono pa falar con quen organiza esto, ou simplemente que me respondades as miñas preguntas. moitas grazas

Anónimo dijo...

segun radio negreira xa non ahi plazas no bus,pero estase a facer unha lista de espera,por se se poidese poñer un segundo bus en caso de moita demanda,deste tema saben en ferreteria ferreiro de negreira,en talleres molba e tamen en radio negreira tlf 981 885736,ou no seu correo radionegreira@terra.es.
EU*.DIXEN

Anónimo dijo...

Aos que vayais a vir desexarvos boa viaxe e darvos a benvida a Cuenca, a partir das 10 da mañan habra xantar gratis dentro do campo para todo o mundo con cervexas, cocacola, bocadillos etc..
Espero gústevos a nosa cidade.
Saúdos dun conquense

Anónimo dijo...

saludos amigos gallegos!
soy un aficionado balompedico que por razones de trabajo no podre estar el domingo en la fuensanta viendo el partido. Puesto que no estoy en Castilla la Mancha, y el canal autonomico CMT no se ve en Digital+, ¿se va a retrasmitir finalmente el partido por la tv gallega? Lo digo porque en su programacion en internet no pone el partido el domingo a las 12. Ahi os dejo el link:
http://www.crtvg.es/programacion/programacion.asp?Mdia=7&canal=tele
A ver si me podeis contestar por favor y que gane el mejor

Anónimo dijo...

©SD.N:

4 comentarios atrás:
Número do club: 981 88 57 43; RRPP: 690 83 05 46. Estamos á espera do que pase.
1 comentario atrás: TVG América: es necesario tener TDT.
1 saludo