lunes, 6 de agosto de 2007

Calendario Tempada 07-08

Estes serán os enfrontamentos da SD ao longo da Tempada 07-08:

Xornada 1 e 20: Cerceda vs. Negreira: 26-8, 13-1
Xornada 2 e 21: Negreira vs. Lemos: 2-9, 20-1
Xornada 3 e 22: Pontevedra B vs. Negreira, 9-9, 27-1
Xornada 4 e 23: Negreira vs. Rápido de Bouzas: 16-9, 3-2
Xornada 5 e 24: Arousa vs. Negreira: 23-9, 10-2
Xornada 6 e 25: Negreira vs. Portonovo: 30-9, 17-2
Xornada 7 e 26: Narón BP vs. Negreira: 7-10, 24-2
Xornada 8 e 27: Negreira vs. Lalín: 14-10, 2-3
Xornada 9 e 28: Negreira vs. Coruxo: 21-10, 9-3
Xornada 10 e 29: Ordes vs. Negreira: 28-10, 16-3
Xornada 11 e 30: Negreira vs. Ourense B: 4-11, 23-3
Xornada 12 e 31: Ciudad de Santiago vs. Negreira: 11-11, 30-3
Xornada 13 e 32: Negreira vs. Alondras: 18-11, 6-4
Xornada 14 e 33: Montañeros vs. Negreira: 25-11, 13-4
Xornada 15 e 34: Negreira vs. Céltiga: 2-12, 20-4
Xornada 16 e 35: Vilalonga vs. Negreira: 9-12, 27-4
Xornada 17 e 36: Negreira vs. Betanzos: 16-12, 4-5
Xornada 18 e 37: Santa Comba vs. Negreira: 23-12, 11-5
Xornada 19 e 38: Negreira vs. Verín: 6-1, 18-5

lunes, 2 de julio de 2007

A xunta xestora actual continuará ao frente do club

Este venres 29 de xuño tivo lugar a Asemblea Xeral extraordinaria para a elección dun novo Presidente coa súa correspondente Xunta Directiva. Pero ao non haber presentación de ningunha candidatura, o Presidente, Manuel Liñares xunto co seu equipo tivo a deferencia de continuar coa actual Xunta Xestora ata o 31 de maio para salvagarda-lo destino do club dos perigos que conlevarían a ausencia de presidencia, detalle que tódolos socios presentes, cuxa cifra bateu récord histórico (cerca das 90 persoas), aplaudiron amplamente como sinal de agradecemento.

Outros asuntos que se trataron durante a xuntanza foi o de que Xulio Díaz e Julián Ferreiro continuarán como míster e director deportivo respectivamente, e a presentación das contas, que estiveron ao cargo do Secretario Tesoureiro, Manuel Freire "Carballo" deron, un ano máis en superávit.

Debido a que nesta web algúns comentaristas criticastes que non se potenciase máis a canteira dende o equipo senior, o Presidente arguíu que Negreira, ao ser un pobo pequeno, ve limitada a súa capacidade de facer un equipo de competitividade punteira só con homes da casa, aínda que todos aqueles rapaces que amosen boas maneiras sempre terán un sitio na SD.

No emotivo discurso que o Presidente fixo ao final, sinalou cantos éxitos se teñen acadado este ano e ao longo destes catro, e que durante este ano de transición se traballará arreo dende o club para poder lograr as mellores aspiracións posibles. A masa social rematou o acto con emotivos aplausos.

jueves, 28 de junio de 2007

Últimas novas da SD

César Oláiz foi intervido cirúrxicamente, como todos sabedes, e permanecerá de baixa sobre uns dous meses, polo que se perderá a pretempada e, previsiblemente, os primeiros partidos de liga. Calquera novidade ao respecto será presentada neste site.
Hoxe á noite terá lugar por parte do Exmo. Concello de Negreira unha homenaxe ao club polo seu magnífico labor ao longo da presente tempada.
Por último, hoxe tamén terá lugar unha xuntanza da Directiva da SD para perfila-la reunión de mañá, venres, que terá o rango de Asemblea Xeral Extraordinaria, cuxa punta de lanza está na elección dun novo Presidente e a súa correspondente Xunta Directiva, xa que o actual Presidente, D. Manuel Liñares Giraut, non se presenta como candidato

Profundamente agradecidos...

Queremos dárlle-las grazas a tódolos colabores coa SD, especialmente ao espónsor oficial, Construccións Hermanos Mallón, pola súa confianza depositada en nós para a súa inversión publicitaria.
Sen todos eles, este soño do pobo de Negreira sería totalmente imposible.

Sobre a enquisa da Fase de Ascenso

82 persoas participastes en 26 días (do 29 de maio ao 24 de xuño) na enquisa Fase de Ascenso: que fará o Negreira?
Queremos agradecérvo-la vosa participación e confianza: só unha persoa apostou por que o Negreira non pasase contra a SD Amorebieta. O 44% apostou por que non dabamos pasado do Conquense (como así foi), pero o 55% (a maioría absoluta) apostastes por que se conseguira o ascenso.
Unha vez más, aínda que para nós a afección sodes o "12", esta é unha afección "10".
Aúpa Negreira!!

Sobre a Historia da SD Negreira


HISTORIA DA S.D. NEGREIRA I

A pesar de que a Vila de Negreira é un pobo de interior sempre estivo máis vencellado á zona da costa que á zona de Santiago. En Negreira non se practicou fútbol de xeito oficial ata os anos 60, aínda que se comenzou a xogar anos atrás, sendo o Pirelli o equipo máis recordado polos vellos siareiros do noso pobo. O Pirelli considérase a orixe da S.D. Negreira, que é fundada no ano 1963, sendo o fundador e primeiro Presidente D. José López Fuentes e Vicepresidente D. Roque Tuñas Pensado. Nesa temporada 63/64, non pode xogar a primeira Liga da Costa por falta de tempo para os trámites federativos, pero si xogou ese ano a Copa da Costa. O súa estrea foi o día 23 de Agosto de 1964 ante o San Isidro de Quintáns (Muxía). Pasou aquela eliminatoria, pero quedou fora na semifinal contra o Finisterre. Entre outros xogadores figuraban nomes como Tuñas, Forján, López, Freire, Maximino, Pombo, Arana, etc.

Na tempada seguinte, 64/65 a S.D. Negreira participa na sua primeira Liga da Costa sendo o seu Presidente D. Roque Tuñas Pensado. Na temporada 65/66 participa tamén na Liga da Costa quedando no posto 8º dunha participación de 11 equipos. Na Copa queda eliminado co Muxía. Na temporada 66/67 queda subcampeón da Liga por detrás do Soneira, sendo este ano, tamén, subcampeón da Copa, ó perder a final contra o Xallas de Santa Comba. O plantel estaba composto, entre outros por Tuñas, Elias, Forján, Enjo, Arceo, Tomé, Calo, Leandro, Vilas, etc.

O primeiro éxito da S.D. Negreira chega na tempada 67/68, cando se proclama campeón de Liga da Costa e ascende a Rexional. Sendo o Presidente D. Julio González Ferreiro participa na Serie-A Rexional (temporadas 68/69 ). Nesta categoría participan equipos como SILVA, VULCANO, TURISTA (Vigo), PORRIÑO INDUSTRIAL, CALVO SOTELO, ARENTEIRO (Carballiño), ORDES, MARIN, ESTRADENSE, ARCADE, AROSA, CHOCO (Redondela), RIBADAVIA AT., LEMOS, MILAGROSA (Lugo), etc. Despois destas dúas temporadas, pasa unha sen xogar voltando así á Liga da Costa. Curiosamente esa tempada que o Negreira non participa, Galicia conta con tres equipos na 1ª División (DEPORTIVO, CELTA e PONTEVEDRA) e dous na 2ª División (OURENSE e FERROL).

Na tempada 70/71, baixo a presidencia de D. José Severino Montes Pérez, retorna á Liga da Costa quedando 8º nunha competición onde participan 12 equipos. Na 71/72 amosou, unha vez máis, a sua boa saúde; queda campión da liga, sendo subcampeón o Noia. Nesta liga xogan 11 equipos, acadando 28 puntos, gañou 14 partidos e perdeu 4, obtén 51 goles a favor e 30 en contra. Na copa elimina en semifinais ó Carballo e perde na final co Ponteceso. Xoga a fase de ascenso á Serie-A Rexional, perdendo o primeiro partido contra o CENLLE por 17-0 e gañando o partido de volta a S.D. Negreira por 5-2. É de destacar que a alineación presentada en Cenlle era de circunstancias, xa que non interesaba o ascenso. O adestrador era José Mari e formaba parte do plantel Castro.

Na tempada 72/73 é Presidente D. José Severino Montes Pérez queda 3º na Liga da Costa trás o Noia e o Cee. O 10 de Setembro de 1972 é campeón do III TROFEO CATALINO. Nas temporadas 73/74 e 74/75 é subcampión da Liga da Costa sendo campeón en ámbalas duas o Noia. O conxunto nicrariense tivo unha gran época nos anos setenta, con D. Antonio Hombre Agüera como Presidente e como adestrador Benito Padrón. Nesa tempada o plantel estaba formada polos porteiros ROCHA, ANTONIO e JAVIER; os defensas ELIAS, ITO, JUAN, PEPE, EMILIO, MACIAS e LUCHO; os centrocampistas SERVANDO, FERNANDO VÁZQUEZ (adestrador da SD Compostela, Rayo Vallecano, R.C. Celta de Vigo,...), CHILO, MAXIMINO, CHITO, MOISES, J. RAMÓN e os dianteiros PASCUAL, LEANDRO, SUÁREZ, CROS, MONCHO, BRENLLA, IGLESIAS e PABLO. Nesta última tempada xoga no Estadio de Riazor a final do TROFEO CONDE DE FENOSA perdendo co MIÑO por 1-0. Na tempada 75/76 queda 9º na Liga da Costa dunha participación de 15 equipos. No 76/77 é Presidente D. Celestino M. Guzmán Fernández e a S.D. Negreira queda 8º nunha liga de 17 equipos. Neste ano o Fisterra bateu o record de goles, 126 en 32 partidos. O 10 de Xullo de 1977 gaña contra o Fisterra o II TROFEO FEIRACO. Na tempada 77/78 a Liga da Costa divídese en dous grupos quedando o Negreira no 4º posto do Grupo V. Na 78/79 xoga no Grupo A-Sur onde queda 5º. Na última temporada dos setenta (79/80), a S.D. Negreira xoga no grupo III ou Sur onde é 3º. O Presidente volve ser D. Roque Tuñas Pensado e formaban a plantilla, entre outros, CASTIÑEIRAS, ABRUÑEIRAS, PAIS, FELIX, ITO, JUAN MANUEL, JOSE ANTONIO, ANDÚJAR, SALVADOR, HERMINIO, CROS e MANOLO (Gemelo). No equipo xuvenil despuntaba GERARDO, JOSECHU, PACO, ALVITE, RICARDO, MANOLO, OUTÓN, VILLAR, PARCERO, JAVIER, ABEL, MIGUEL ANGEL, XALLAS, VICENTE, MANOLITO, SUÁREZ, etc. O Negreira Xuvenil xogou duas semifinais de Galicia nas tempadas 77/78 e 78/79, quedando eliminado contra o RACING DE FERROL e o CALASANCIO DE MONFORTE respectivamente. O adestrador era Maximino Quinteiro.

Nos anos oitenta cambiaría a sorte para a S.D. Negreira. Na tempada 80/81 queda 3º dunha participación de 16 equipos no Grupo II, por detrás do Lira e do Muros. É eliminado nos cuartos de final polo Camariñas. O Presidente é D. Constantino Guzmán Mesías. Na temporada 81/82 toma a presidencia D. Gumersindo Rodríguez-Trelles (Sindo) e o Negreira, con Rodri de adestrador é campeón do Grupo IV da Liga da Costa, sendo segundo o Atalaia de Porto do Son e terceiro o Xallas; ascendendo os tres equipos a Primeira Rexional. Na copa quedou eliminado en semifinais polo Atalaia. A plantilla do ascenso a formaban entre outros, BERDULLAS, os GEMELOS de Ordoeste, EMILIO, JOSE LUIS, JOSECHU, JUAN MANUEL, RIOS, VICENTE, PERFECTO, MANOLITO, LODEIRO, XALLAS, ABEL, PANCHO (que voltaba da man do presidente Sindo de xogar no Noia), etc. O delegado era Cancio (empleado de FEIRACO, xa que foi a temporada que se fraguou o sponsor). Nesta temporada consíguese o TROFEO á MÁXIMA DEPORTIVIDADE J.B. DA LIGA DA COSTA. Na tempada 82/83 participa na Primeira Rexional quedando 13º da liga. Na temporada 83/84 é Presidente D. Luis Andrade Negreira e acada o 12º posta na Primeira Rexional e xoga as semifinais da copa, quedando eliminado co Baio, nun partido xogado no Campo do Pino en Urdilde, por obras no Campo Municipal de Cepelo de Negreira. Nas anteriores eliminatoria deixou fora ó Soneira, Esteirana e Lira. Nesta edición da copa participaron 40 equipos. A tarxeta de socio custaba 2.500 pts., sendo secretario D. Emilio Lira Díaz e Tesoreiro D. Xoaquín Ramón Caamaño Ramos. Nas tempadas 84/85 e 85/86 segue participando na Primeira Rexional, pero nesta última o Presidente é D Jesús Muiño Pardo. Na temporada seguinte, 86/87, sendo o adestrador Pintos queda campeón da Primeira Rexional Grupo 2-B, e despois de xogar a promoción contra o Airiños do Ulla, ascéndese a Rexional Preferente, na que o equipo pasará a chamarse FEIRACO S.D. NEGREIRA, alcanzando no seu primeiro ano na categoría (temporada 87/88) o 5º posto. O Feiraco Negreira convértese nun clásico da Preferente, na que só falta un ano, "un accidente, din polo pueblo". Foron trece anos na categoría, unha dinámica que rachou na temporada 00/01, pero eso é outra historia...

Na temporada 92/93, sendo Presidente D. Luis Andrade Negreira, participa por primeira vez na Copa Diputación, pasando a primeira eliminatoria ó vencer no campo municipal de Cepelo ó FLAVIA de Padrón na tanda de penaltis, despois de empatar a un gol no tempo reglamentario. Na segunda eliminatoria queda fora ó perder 3 - 1 contra o BETANZOS, no campo deste. Ese ano o Betanzos ascende a 3ª División. Na temporada seguinte, 93/94, xoga a primeira eliminatoria no campo do Sporting SADA.

A tempada 96/97 é a sétima na Rexional Preferente considérase de transición, con D. José Liñares Ferreiro como Presidente, inaugurase o novo Campo Municipal PEDRA MÁMOA, chamado máis tarde JESÚS GARCÍA CALVO. A ledicia que supuxo a inauguración do novo campo contrastou ca pena de deixar o mítico CEPELO, onde tantas tardes de rabia e gloria pasaron ó largo destes anos de historia como equipo federado, amén dos anos anteriores á federación do noso clube.

Na tempada 98/99 era Presidente D. Manuel Pensado Pousa. O adestrador era Javier Lodeiro Enicetoque contaba cos seguintes xogadores na plantilla, ALFONSO e QUICO porteiros; defensas, AGRASAR, BORJA, IVAN, JULIAN, PAREDES, PEDRAZA, RUBÉN, RUSO e URTUBI; medios, BOQUETE, DANI, GONZALO, IVAN, JOSE ANGEL, MANECHO, PABLITO, RAÚL, ROBERTO e SERGIO; dianteiros, ANGEL, CARLOS, COELHO, PIPI, SANCHO, VICTOR e VIDAL. Tras 38 partidos disputados o FEIRACO-SD NEGREIRA logra o sexto posto na clasificación con 17 partidos gañados, 10 empatados e 11 perdidos, con 54 goles a favor e 43 en contra, para un total de 61 puntos. O máximo goleador do equipo e VICTOR con 13 goles. A maior goleada foi contra o BOQUEIXON-AIRIÑOS por 5-1 marcando para os nosos JOSE ANGEL de penalti 25', BOQUETE 29' e VICTOR 34', 38' e 75'.

Na tempada 99/00 volve a coller a presidencia D. José Liñares Ferreiro en Rexional Preferente, onde o equipo acada o 8º posto con 56 puntos, 14 partidos gañados, 14 empatados, 10 perdidos, 60 goles a favor e 51 en contra. O adestrador é Raúl Nieto e a plantilla a conforman os porteiros GULDRÍS que recibe 27 goles, JOSÉ RAMÓN que recibe 13, QUICO RECIBE 9 e VARELA que recibe 2; os defensas BASANTA, DANI (5 goles), JULIÁN, LINO, PEDRAZA, RUSO (2), VIDAL (1); os medios BOQUETE (3), COUSO, GONZALO (1), JOSÉ ANGEL (7), OSCAR (1), PABLITO (2), ROBERTO, ROI (3), e os dianteiros ANGEL (6), COELHO, NANDO (4), RICARDO (3) SOLER (1), VICTOR (9) e o máximo goleador do equipo NEIRA (14).A maior goleada lógrase contra o C.D. Monterroso por 4-0 no Jesús García Calvo de Negreira. Na temporada 00/01 lógrase o ascenso a Terceira División. Na seguinte temporada 01/02 acádase o 15º posto na táboa con 42 puntos, 11 partidos gañados, 9 empatados, 18 perdidos, 45 goles a favor e 53 en contra. As maiores goleadas foron contra o C.D. Lalín 5-2 e contra o Gondomar C.F. 4-1. Na temporada 02/03 o Feiraco S.D. Negreira consegue o 13º posto con 44 puntos, 11 partidos gañados, 11 empatados, 16 perdidos, 41 goles a favor e 46 en contra. A maior goleada lógrase contra Betanzos C.F. 0-4 no campo deste, pero recíbese unha abultada derrota no García Calvo contra o C.C.D. Cerceda por 1-6.

Na temporada 03/04 colle a presidencia D. Manuel Liñares Giraut, que xunto á sua nova directiva, van escribir a páxina máis brillante na historia do noso club. Nesta temporada o equipo logra o 11º posto na clasificación, acadando un total de 47 puntos, 12 partidos gañados, 11 empatados, 15 perdidos, 34 goles a favor e 42 en contra. Neste equipo xogan, entre outros, GELUCHO, NANDO, JULIÁN, etc. É na temporada seguinte, 04/05, cando ocorre o feito histórico do ascenso a Segunda División B. Nesta temporada a directiva aposta como adestrador por Gelucho, que foi axudado por Varela e por Nando; os tres ex xogadores do Negreira. A plantilla a forman os porteiros PABLO e IVAN CAMPOS; os defensas ANDRES, JULIÁN, ROBERTO FEÁNS, UXIO, SUSO e CESAR; os medios JESUS, OSCAR VIDAL, PEQUE, MARIÑO, MANU, JOSE MARIA, RICO e RAVIÑA; e os dianteiros RUBEN MARQUEZ, IVAN GONZALEZ e ADRIAN. Na metade da temporada causa baixa José María e incorpórase ó equipo GELO, que sufrirá unha lesión moi grave en Betanzos. A liga comenza mal para o Negreira, acadando un só punto nos primeiros tres partidos:

PORRIÑO IND. C.F - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - S.D. O VAL 0-2

RAPIDO DE BOUZAS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 ( Rico 90' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VIEIRO C.F. 3-1 (Iván 43', 49', 57')

CORUXO F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - NARÓN B.P. 2-0 (Mariño 60', Adrián 85')

BERGANTIÑOS F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - BETANZOS C.F. 3-2 (Iván 56', 65', 83')

DEPORTIVO B - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Uxío 49')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - AROSA S.C. 1-0 (Adrián 24')

LARACHA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Rubén 49')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VILLALONGA C.F. 1-0 (César 27')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - VERÍN C.F. 3-0 (Raviña 52', 63', Iván 55')

C.D. LALÍN - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORTONOVO S.D. 0-0

C.D. LUGO - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Rico 58' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - CCD CERCEDA 5-1 (Rico 17', Raviña 41', Iván 69', 76', 83' de penalti)

ALONDRAS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 2-1 (Rico 82' de penalti)

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. GROVE 3-1 (Iván 30', Rubén 82', Rico 89')

Ó remate da primeira volta o equipo logra o 4º posto con 31 puntos, 8 partidos gañados, 7 empatados e 4 perdidos.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORRIÑO IND. C.F. 2-1 (César 66', Manu 85')

S.D. O VAL - FEIRACO S.D. NEGREIRA 2-1 (Rico 18')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - RÁPIDO DE BOUZAS 5-1 (Mariño 10', 47', 66', Raviña 40', Rubén 50')

VIVEIRO C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - CORUXO F.C. 0-0

NARÓN B.P. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-2 (Manu 4', Raviña 59')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - BERGANTIÑOS F.C. 1-0 (Iván 53')

BETANZOS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-0

FEIRACO S.D. NEGREIRA - DEPORTIVO B 2-1 (Adrián 60', Iván 61')

AROSA S.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (Raviña 77')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - LARACHA C.F. 0-1

VILLALONGA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-0

VERÍN C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (Iván 82')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LALÍN 2-1 (Rubén 29', 53')

PORTONOVO S.D. - FEIRACO S.D NEGREIRA 0-1 (Iván 8')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LUGO 2-0 (César 2', 87')

CCD. CERCEDA - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-1 (César 32')

FEIRACO S.D. NEGREIRA - ALONDRAS C.F. 3-0 (Adrián 25', Iván 31', Rubén 43')

C.D. GROVE - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-2 (Andres 9', Adrián 25')

Despois de 38 partidos xogados o equipo consegue o 2º posto na liga con 72 puntos, 21 partidos gañados, 9 empatados, 8 perdidos, 52 goles a favor e 24 en contra. Lógrase así un feito histórico para un concello de 6500 habitantes, xogar por primeira vez unha fase de ascenso a 2º División Nacional B, onde o noso primeiro rival foi o C.D. MOSCONIA de Asturias.

C.D. MOSCONIA - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Uxío 90'). Xogaron no once inicial: Pablo, Suso, Roberto Feáns, Andres (Julián 85'), Uxío, Oscar Vidal (Peque 66'), Rico, José Mª (Adrián 46'), Manu, Rubén e Iván.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. MOSCONIA 0-0. Pablo, Suso, Feáns, Julián, Uxío, César, Rubén (Peque 64'), Rico, Manu (Mariño 53'), Iván e Adrián.

O último escollo para lograr o ascenso era o C.D. CIEMPOZUELOS da Comunidad de Madrid.

C.D. CIEMPOZUELOS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-3 (Iván 31',65', Suso 89'). Pablo, Suso, Feáns, César, Uxío, Manu (Peque 87'), Rico, Oscar Vidal, Mariño, Iván e Rubén.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. CIEMPOZUELOS 1-2 (Adrián 90') Pablo, Suso, Feáns (Julián 13'), Oscar Vidal (Peque 77'), Uxío, César, Rico, Mariño, Manu, Adrián e Iván.

Despois destas dúas eliminatorias lógrase o histórico ascenso e tras as celebracións, e case sen tempo, a directiva ponse a traballar para afrontar o novo reto que se vai presentar. E todo esto comenza con dous traspés moi importantes. O primeiro deles é que a empresa Feiraco, logo de vintecinco anos, deixa de patrocinar ó club, que perde así unha fonte económica moi importante. Tras moitas reunións e moitas dúbidas, un grupo de empresarios da vila, na asamblea xeral de fin da tempada, faise cargo de recaudar cartos entre as empresas da comarca para poder afrontar o novo reto da 2ªB. Nesta mesma asamblea, decídese que o equipo vólvase chamar S.D. NEGREIRA e voltar ás cores e o escudo orixinais na equipación dos xogadores, camiseta vermella e pantalón azul. O segundo dos problemas é cando tres dos xogadores máis importantes do cadro comunícanlle á directiva que non poden continuar por motivos persoais. Estes xogadores eran Rico, César e Raviña. Con este panorama comenza a pretempada máis importante na historia da S.D. Negreira.

martes, 26 de junio de 2007

Unha mala primeira parte impediunos consuma-lo ascenso

Sinxelamente, o Conquense foi superior, incluido nas nas faltas. Pero como se pode ver na crónica, foi no primeiro tempo onde deixámolo partido.
Lamenta-la fractura de peroné de Oláiz, ten terá que permanecer de baixa por un longo período, e que está nunha mala situación de saúde.Noraboa para os conquenses.
Que teñan toda a sorte na súa nova etapa entre os grandes.
Sentimos non haber marcado sequera algún gol, para agradecer no campo a entrega da afección. Xa que logo, facémolo dende o blog. Aúpa Negreira!!